sábado, 11 de mayo de 2019

FALTA UN MES PARA AS PASCUILLAS






So nos quedan 30 días para reunirnos na casa de María para celebrarmos a Romaría das Pascuillas. Un día, o 10 de xuño,  ao que ninguén quer faltar. Xa nos puxemos en marcha desde hai tempo cos preparativos. Este ao hai algunhas novidades, que esperamos nos axuden a afondar, se cabe no amor á Nosa Señora e o agradecemento pola fe recibida. 
O primeiro é a das obras realizadas no Outeiro, o lugar onde se celebra a Romaría. Xa é un lugar de oración, de encontro, de alegría, de vida. Na foto podedes ver os pedestais construidos para colocar as imaxes, o pasillo para as cortesías e o altar totalmente modificados. Son unha boas toneladas de pedra as que están ahí. Esta obra fíxose coa axuda de Turismo da Xunta. Como ides comprobando, pouco a pouco imos dando pasos.

O segundo, que este ano fará a ofrenda a Pastoral xuvenil da diocese. É un reto para todos. Unha diocese, como a nosa, que estamos a traballar como obxectivo pastoral a escoita, acompañamento e evanxelización dos maís novos. Acabada de publicar o papa Francisco a exhortación do sínodo sobre a mocidade. Que mellor que na nosa cita coa Virxe poidamos deixar o protagonismo a tantos xoves que peregrinan coas súas parroquias. Desde este foro, coa pastoral xuvenil fago unha chamada OS MOZOS E MOZAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR NA OFRENDA COA PASTORAL XUVENIL E VEÑAN PEREGRINANDO COAS SÚAS PARROQUIAS PODEN FACELO. SO TEÑEN QUE CHAMAR OU ENVIAR UNHA MENSAXE  (609472591/ info@afranqueira.org) imos reunirnos para organizar. Pretendemos que sexa tamén unha oportunidade para coñecerse. daremos máis información.

Novas parroquias na Romaría. Como cada ano está a suceder están a aumentar as parroquias que se incorporan a esta celebración. Son as comunidades parroquiais da contorna do santuario as que se incorporan e o fan coa ilusión de manifestar ese desexo de aunirse a nosa Nai. Reunirse na Misa multitudinaria do luns de Pentecostés é unha manifestación dunha Igrexa viva en Cristo, animada polo Espírito, en camiño, unida, alegre, vital... esta é a Igrexa da que é imaxe María. Unha Igrexa fiel, que di si ao Señor. A REUNIÓN DAS COMISIÓNS ORGANIZADORAS SERÁ O DOMINGO 26 DE MAIO ÁS 6 DA TARDE

O día 1 de xuño comezamos a novena. Non faltedes a estes días de oración serena, sosegada, que nos une máis no Espírito para deixarnos conducir na fe da man de María.

o día 2, domingo, despois da Misa das 5 da tarde teremos o Pregón, será a cargo de D. Antón Vidal, presidente de galaxia e que grazas a el e o seu respecto ao homenaxeado das letras galegas e conveciño Antón Fraguas, podemos reeditar un libriño dedicado á Franqueira.

Estamos moi ilusionados para vivir estes días de ledicia. 
animo ás parroquias que están a preparar a peregrinación que o fagan poñendo como primeiro reto amar máis a María, imitala e darlle grazas a Deus con ela, por todo

feliz día
Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario