sábado, 26 de abril de 2014

San Telmo na Franqueira


28 de abril de 2014

6 da tarde: Misa en Honor de San Telmo e polos mariñeiros falecidos

e as súas familias

 

 

O Beato Pedro González Telmo, coñecido como San Telmo, é patrono da nosa Diocese de Tui- Vigo, da cidade de Tui e dos navegantes. Foi un frade dominico que, despois de acompañar ó rei na conquista en Andalucía, percorre Portugal e chega a Galicia para evanxelizar. O seu traballo pola diocese inclúe, ademáis do anuncio da Palabra, a defensa dos pobres, a axuda material, construcción de pontes, etc. Falece en Tui despois de predicar a Semana Santa cando ía camiño de Santiago. O seu corpo repousa na capela das reliquias da Catedral de Tui. O seu culto está extendido por todo o mundo.

 

No ano 2009 a Confradía de San Telmo agasallou á Virxe da Franqueira cunha imaxe do Santo Patrón. E no 2011 a S. I. Catedral de Tui enviou unha reliquia para a veneración neste Santuario, consistente, nun trozo de tela que envolveo o seu corpo santo.

 

O Luns 28 de abril, ás 6 de tarde, celebraremos unha Eucaristía na Honra de San Telmo, e tamén, como patrón dos navegantes, lembraremos ós mariñeiros mortos nos últimos accidentes e ás súas familias. Na fin da celebración venerarase a Reliquia de San Telmo.

miércoles, 9 de abril de 2014

Semana Santa na Franqueira

Estamos a punto de inciar a semana máis importante de todop o ano. Estes días achegámonos ós templos, participamos en procesións, acudimos a diversas celebracións, vemos películas temáticas da época do ano, conservamos costumes, ... todo para celebrarmos a Pascua do Señor.

domingo, 6 de abril de 2014

ASEMBLEA DE CARITAS

Despois dalgúns anos, a reinaugurada Caritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira, volve participar na Asemblea Diocesana de Cáritas. Foi unha oportunidade ideal para renovar as forzas e ilusionarnos cos proxectos. Somos un grupo dunha dúcia de persoas, todas mulleres menos o párroco, e neste momento estamso a atender as urxencias dunha quincena de familias da comarca. As necesidades son moitas e as ganas de traballar polos demáis non nos faltan. Estamos a ter a formación adecuada imparticda desde Cáritas Diocesana, José Angel e logo unha traballadora social, axudarannos a facer o noso labor o mellor posible e a servir dunha forma eficad e sobre todo evanxélica.

A asemblea axudounos a centrarnos no labor, a saber que somos moitos, a ilusionarnos escoitando as testemuñas, a pensar que moitas cousas son posibles, a crer no futuro, a saber amar e servir ós máis pobres,a  non ter medo, a convivir con moita xente, a moitas cousas que aprendemos.

viernes, 4 de abril de 2014

RETIRO FIN DE CORESMA

O vindeiro sábado 5 de abril, ás 5 da tarde, haberá unha nova cita na Franqueira. É unha onvitación a pasar un rato de silencio e oración, na escoita da Palabra e no encontro,a través da Virxe María para prepararmonos a Celebración Pascual.
Na capela da reconciliación, na planta baixa da casa rectoral, teremos ás 5 da tarde unha pequena conferencia coresmal, unha meditación, a través de símbolos, do significado da misericordia de Deus que nos perdoa e nos reconcilia. Logo un tempo longo de silencio e oración persoal, tamén oportuno para aproveitar se alguén quere recibir o Sacramento do Perdón. ás 6 da tarde celebraremos a Eucaristía no santuario.