martes, 30 de septiembre de 2014

1.600 € para o proxecto para nenas deficientes "Centro Von Kétteler" de Abancay, Perú

Nas poxas do domingo pasado físoxe a recaudación para axudar ao centro de nenas deficientes do Centro Von Kétteler da Diocese de Abancay, en Perú. A visita de D. Gilberto, Bispo de Abancay, e gran devoto da Virxe da Franqueira, foi o impulso para que nos uniramos a este `proxecto tan necesario na súa Diocese. El está moi preocupado pola situación deste colectivo da poboación, son nenas que pola súa deficiencia viven unha situación de marxinación extrema, por iso, tendo xa unha casa e unha relixiosas para rexir o centro de acollida, necesita a axuda necesaria para poñer a instalación de xeito adecuado a este labor. 
As ofrendas traídas á Virxe da Franqueira, animais, plantas, productos do campo, son poxados ó finalizar a procesión, e esta recaudación, neste ano 1.600 €, sumado a unha colecta realizada o día que nos visitou D. Gilberto, fai o montante da cantidade que se lle enviará. Logramos así que a ofrenda ña Virxe adquira unha visión aberta á universalidade da fe, levar a caridade a outros lugares, facendo que o noso amor á Virxe proxecte nestas persoas o que significa para todos nós unha fe, feita obra. Esperamos que esta esmola, que somos conscientes que é ben pouco para todo o que se quere lograr, axude a aliviar o sofrimento de moitas persoas.
Nos últimos anos estamos a facer esta ofrenda a moitos lugares: Paraguay, Zambia, O Salvador, e agora Perú.

Tamén a recollida de alimentos para "Cáritas interparoquial Nosa Señora da Franqueira" foi un respito para o noso pequeno almacén. Os preto de 300 kilos xa comezaron a distribuirse neste mes para axudar á economía dalgunhas familias da comarca. Seguimos a traballar.

Moitas grazas a todos pola xenerosidade


miércoles, 17 de septiembre de 2014

Disco "Gaude, María Virgo" dedicado á Virxe da Franqueira





Este disco é a fin dun proxecto iniciado hai máis dun ano. Despois de seis edicións do Certame de música antiga que se celebran no Santuario da Franqueira no día 15 de agosto de cada ano xurdiu, no Ano xubilar da Coroación, a idea de confeccionar este disco que fora homenaxe á Virxe da Franqueira. "Vox Stellae" púxose de inmediato a traballar na investigación da música antiga, que é unha das tarefas que realizan, e a elaborar un bo surtido de cantos dedicados á Virxe María. O resultado é excelente e merece os eloxios de todos. O seguinte paso foi o de conseguir financiación, e así, a disposición da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia fixo posible que o que era unha idea inicial conseguise ter xa corpo. No mes de xuño deste ano, na igrexa de santa maría de Urdilde, comezaron a gravación con profesionais da Radio Galega. Agora é o momento de dar a coñecer a criatura e a súa posta de largo será na vindeira celebración da Festa dos Poxos, último días das Romarías na honra da Virxe da Franqueira.
Estades todos convidados ás 6,30 da tarde a participar neste evento cultural, ó mesmo tempo que caritativo. Como ven saben os asiduos da Franqueira, desde o ano pasado, o Santuario dedica este día da Romaría á recollida de alimentos para Cáritas interparroquial, por iso, asemade de recoller os alimentos, os beneficios da venda do disco serán destinadas ás actividades da nosa organización.
Xa por anticipado damos as grazas a todos.

No día 18 de outubro será o concerto de presentación en Vigo, na Igrexa do Carme (P. Carmelitas) ás 8,30 da tarde.

martes, 16 de septiembre de 2014

Festa dos poxos. 28 de setembro






Este ano a data habitual desta festividade trasládase por coincidir o día 21 coa Romaría da Peña de Francia na parroquia de Parada de Achas, polo que, a festa do poxos pasa a ser o 28 de setembro neste ano. É o día no que ó finalizar os cultos da mañá, Misa Solmne e Procesión, púxanse as ofrendas regaladas polos fieis á Nosa Señora. Durante o ano, e sobre todo neste día, os devotos traen en ofrenda á Virxe prantas, animais e outras ofrendas, que se poxan e a esmola recibida entrégase a un proxecto caritativo da Igrexa. Nos últimos anos temos colaborado cun comedor para nenos da rúa en Panamá, a construcción dunha capela á Nosa Señora da Franqueira en Zambia, ou nas cáritas diocesanas.


Este ano tamén teremos a recollida de alimentos como xesto de xenerosidade para colaborar coa cáritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira, que estamos a traballar con familias da Paradanta.


Hai que unir que na tarde deste domingo haberá o Concerto de presentación do disco "Gaude María" do grupo coral Vox Stellae, un disco homexane á Virxe da Franqueira cuxos beneficios da súa venta serán para cáritas interparroquial. Velaí pois o programa






Misas ás 9, 10, 11


Ás 12, Misa solemne e Procesión


Subasta de ofrendas


A recollida de alimentos será durante toda a xxornada ós pes da imaxe da Virxe






Pola tarde Misa ás 5


6,30 da tarde: Concerto de presentación do disco

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Novos proxectos da Franqueira: local e cáritas e albergue para peregrinos


Antiga foto da Virxe da Franqueira


Logo de Caritas interparroquial Nosa Señora da Franqueira


O santuario da Franqueira convértese no mes de setembro en un ir
e vir de romeiros e peregrinos. Este ano, durante todo o mes estamos a facer a campaña para que entre todos poidamos ver feitos dous proxxectos necesarios para a pastoral deste santuario.

O primeiro é a construcción dun local para Cáritas interparroquial "Nosa Señora da Fraqneuira". Un grupo de persoas está comenzando a facer realidade este servicio na comunidade cristiá e que, desde hai máis dun ano, está a traballar na axuda a familias da comarca. Precisamos un local como almacén de alimentos, facer unhas salas de reunións e actividades e material informático.

O segundo é a construcción dun Albergue para peregrinos. Son moitas persoas que , condo chegan da súa camiñada de horas ata o santuario, precisan asearsem camibiar a roupa, ou descansar, ou comer tranquilos. Por iso queremos lograr facer un local con duchas e vestiarios, comedor, dormitorios, etc..

Esperamos que entre todos logremos facer isto realizade. necesitamos a axuda de todos. Pero primeiro pedímoslle á Nosa Señora que nos ilumina no traballo para logralo.

Moitas grazas.

Novena na Honra da Virxe da Franqueira. Días especiais

Antiga foto da Procesión da Virxe da Franqueira




Estamos no ecuador da celebración da Novena da Virxe da Franqueira. Quedan algunha scelebracións especiais nas que queremos das grazas á Nosa Señroa pola nosa vida. Así, o vindeiro venres, na celebración da Misa, despois da Novena (8 da tarde), teremos un día adicado ós matrimonios e familias. Finalizaremos cunha oración de renovación das promesas matrimoniais e o intercambio dos aneis entre os casados.
O sábado pola mañá, ás 12, teremos o funeral polo devotos falecidos. Poñemos nas mans da Virxe María a vida dos que peregrinaron a este santuario e suplicamos para eles a paz e o descanso, a benaventuranza e participar da vida eterna. Pola mañá haberá Misa ás 9 e 10,30
O sábado pola tarde, ás 6, teremos un día dedicado ós nenos. Para a Virxe, nosa naiciña, vai a nosa oración agradecida pola vida que comeza, que medra, e que precisa ser coidada. Así, a que coidou e criou ó Fillo de Deus, coide ós vosos filliños.
O venres, sábado e domingo serán predicado polo P. Miguel Angel Barreiro, Franciscano do convento de Canedo.
O domingo xa é día de romaría, e na páxina web podes ver os horarios, igual que os do día 8, solemnidade da Virxe da Franqueira. So dicir que o día 7 é tamén un día de oración para pedir a paz en Siria, Oriente medio e en todo o mundo. Por iso, o domingo 7, pola noite, na procesiónd as antorchas, a oración será pola paz.