sábado, 11 de septiembre de 2021

Grazas nestes días de María

 


María dános consolo e esperanza.

Baixo este título que nos di o Concilio Vaticano II estamos a celebrar as grandes festividades na honra da Virxe María. Se días pasados foi unha expresión de fe fonda ver aos milleiros de peregrinos soportar a choiva e  vento na Franqueira, esta find e semana estamos a ver unha vez máis como os devotos veñen renovar a súa devoción ante a imaxe da Nosa Señora.

Quero destacar o bo orde e silencio nas celebracións. Realmente foi e segue a ser un tempo especial. Dar as grazas polas persoas que fixeron posible contar coas cadeiras e vallas de seguridade. Os voluntarios e voluntarias que fan un labor excepcional. Os seminaristas e os compañeiros sacerdotes. Dar as grazas a todos os que se achegan ao santuario.

Mañá e o día grande da Lamosa coa festa na Honra da Virxe do Libramento. Todo está disposto e cremos que sairá todo ben para a coller aos nenos e nais, as mulleres embarazadas e os pais. 

Felicidades a todos.

Unha aperta e que María, que nos agasalla o consolo e a esperanza cumprida no seu Fillo, faga de nós bos fillos e fillas


domingo, 5 de septiembre de 2021

A FRANQUEIRA. INICAMOS O MES DE SETEMBRO


Iniciado o mes de setembro e resoltas algunhas incidencias da conexión, pomos neste blog as primieras reflexións sobre as vindeiras celebracións en Honor da Virxe da Franqueira

1.- Está todo disposto conforme as medidas de seguridade que establecen as autoridades.
2.- as celebracións será no adro da igrexa, con aforo limitado (250 persoas) sentadas e en espazos dispostos
3.- Toma de temperatura e hidroxel

E por iso necesitamos:

Que teñamos paciencia e gardemos as distancias
Que non deixemos a participación neste ano para os días solemnes, evitemos aglomeracións
Dentro do santuario estará dedicado á veneración da imaxe da Virxe

Qué esperamos?

Que o tempo nos acompañe
Que todo saia como temos previsto
Que se nos perdoen as deficiencias

Deixemos todo nas mans da nosa Señora