viernes, 28 de febrero de 2014

Retiro espiritual o Mercores da Cinsa

O vindeiro mércores 5 de marzo, mércores da cinsa, comeza o tempo coresmal. O Santuario da Franqueira organiza unha tarde de retiro espiritual. Comezará ás 5 da tarde coa reflexión sobre a mensaxe do Papa Francisco para esta Coresma tirulada: "Cristo, sendo rico, fíxose pobre, para enriquecernos coa súa pobreza", palabras recollidas da carta de San Paulo ós Corintios. Esta meditación será na capela da Reconciliación, na planta baixa da casa rectoral. Despois dun tempo de silencio orante teremos a celebración da Santa Misa no Santuario coa imposición da cinsa.
Feliz Coresma a todos

martes, 25 de febrero de 2014

ANADINA PARA XOVENES. LUNS DE ENTROIDO. CAMIÑO DO XABRIÑA

O luns do entroido teremos unha andaina para os xóvenes da catequese parroquial, pero poder anortarse tamén os xóvenes que queiran pasar unha xornada de lecer e de natureza. O programa é atoparse o luns día 3 ás 10 da mañá no santuario da Franqueira. Sairemos en coche ata Paraños para comezar a ruta do río Xabriña. É necesario traer calzado propio para a camiñata, roupa de abrigo, previdos por se chove e botata para o xantar. Son 16 kilómetros de camiño, pero  farémolos con calma e con algunha actividade que nos axude a vivir máis en convivencia. Ánimo, non faltedes, vale a pena. Coñeceremos lugares increíbles e narabillosos nos que nos adentraremos con ganas de coñecer o noso entorno. Vinde todos e pasarémolo moi ben.

PROGRAMACION DA CORESMA

Xa estamos a punto de comezar unha novaq xeira no calendario. Comeza a coresma dentro de poucos días e é unha nova oportunidade para moitas cousas: a oración máis intensa, a escoita da Palabra, a penitencia como pedagoxía da renuncia e da xenerosidade, a peregrinación interior polo deserto para coñecer a fonte viva onde saciar a nosa sede de amor e comuñón, a vida nova que nace en nós e se renpova coa Reconciliación. Na páxina do santuario www.afranqueira.org atoparás de xeito detalado as actividades e celebracións que terán lugar durante estes corenta días. O primeiro deles é a celebración do mércores da cinsa cun retiro de oración. estamos convocados ás 5 da tarde para repasar a mensaxe do Papa Franciscopara esta copresma. Titúlase "Cristo fíxose pobre para enriquecernos coa súa pobreza" , son unha verbas de San Paulo ós Corintios e que nos axudarán a centrar asemade o tema pastoral deste ano que é a caridade. Non faltedes, é un bo comezo e unha boa forma de comezar con entusiasmo. Tamén comezaremos nesta coresma un curso elemental de Biblia e de Marioloxía. Son dous aspectos importantes da vida do cristián ligados ó santuario da Franqueira- Como a Virxe María queremos estar atentos á Palabra e cumprila en nós, pero para iso, é necesario coñecela, entendela, interpretala, amala, facela vida... que se encarne en nós. O segundo é o de ir adentrándonos no tratado sobre a Virxe María: a Biblia, a teoloxía, a pastoral, a oración, as devocións, etc... non é un curso para expertos, senón para ir afondando e coñecendo. ánimo.

sábado, 8 de febrero de 2014

A FRANQUEIRA, SAÚDE E VIDA

A Franqueira, Saúde e Vida

Cada día son moitas as persoas que, desde os seus lugares, no fogar, no traballo, no lecer, na oración, lembran á Virxe da Franqueira. Pensamentos e recirdos da infancia, ou da ñultima romaría, ou ben da vez que viñeron á celebración da Eucaristía dominical, ou, quen sabe, cando foron a confesar e saíron do sacramento do perdón reconfortados e descansados. Pero tamén son moitos, familiares e amigos dos enfermos, que, cada día piden unha oración á Virxe pola saúde. Nenso, xoves, anciáns, xente nova e vella, esposos e esposas, pais e fillos, ¡qué pena!, a enfermidade non fai máis selección. Por iso, neste mes, en que celebramos a xornada mundial dos enfermos, o día 11 de febreiro, queremos facer un encontro cheo de esperanza e de vida. Hoxe, día 8, como cada mes, teremos a Misa solemne en Honor da Virxe da Franqueira, e queremos ter, xa agora, unha lembranza moi especial. É moi duro ver que os que máis queres están débiles, e que, a enfermidade pode levar á morte.

A Virxe María, invocada neste santuario e en toda a nosa Diocese, como Nosa Señora da Franqueira, á a Fonte onde imos beber as Gracias da vida e da saúde. Vida, como don de Deus, sempre en continuo agradecemento por ela. Saúde, como un ben a preservar e a coidar, o fundamento da nosa acción. Pero non so a saúde física senón que o Señor ven a coidar de todos e en todo. Como ó médico contémoslle o que nos pasa.

miércoles, 5 de febrero de 2014

Nosa Señora de Lurdes e Cea de matrimonios

Nosa Señora de LURDES. (11 de febreiro) DÍA MUNDIAL DOS ENFERMOS Fe e caridade, “Tamén nós debemos dar a vida polos irmáns”. Estas palabras da carta de San Xoan son as que utiliza o Papa Francisco como lema desta campaña do enfermo con motivo da festividade da Virxe de Lurdes. No santuario da Franqueira, cada último domingo de mes, despois da Misa das 5 da tarde, temos a exposición do Santísimo coa oración e a bendición dos enfermos. Poñemos ós pes da Virxe, pedindo a bendición do Señor, que alivie, fortaleza, anime e dea a saúde ós nosos enfermos. Ás veces unha palabra de ánimo, unha caricia, a escoita, ou un sorriso, valen máis que unha pastilla. O corazón do enfermo, cheo de medos, inquedanzas e escuridades, necesita ser iluminado pola esperanza. O día da Nosa Señora de Lourdes pola tarde, ás 5, estades invitados a unha convivencia, especialmente os enfermos, para que, ás 6 da tarde, celebrar a Eucaristía en Honor da Virxe e a Bendición dos enfermos. CEA DE MATRIMONIOS NOVOS (15 de febreiro) Convocamos ós matrimonios de menos de 15 anos de casados, a unha cea, na casa rectoral da Franqueira, o sábado 15 de febreiro, a partires das 9 da noite. É imprescindible anotarse para organizar ben este evento. Repartiremos entre todos o menú. Haberá xogos e sorpresas e daremos grazas á Nosa Señora pola vida matrimonial e familiar.