miércoles, 5 de febrero de 2014

Nosa Señora de Lurdes e Cea de matrimonios

Nosa Señora de LURDES. (11 de febreiro) DÍA MUNDIAL DOS ENFERMOS Fe e caridade, “Tamén nós debemos dar a vida polos irmáns”. Estas palabras da carta de San Xoan son as que utiliza o Papa Francisco como lema desta campaña do enfermo con motivo da festividade da Virxe de Lurdes. No santuario da Franqueira, cada último domingo de mes, despois da Misa das 5 da tarde, temos a exposición do Santísimo coa oración e a bendición dos enfermos. Poñemos ós pes da Virxe, pedindo a bendición do Señor, que alivie, fortaleza, anime e dea a saúde ós nosos enfermos. Ás veces unha palabra de ánimo, unha caricia, a escoita, ou un sorriso, valen máis que unha pastilla. O corazón do enfermo, cheo de medos, inquedanzas e escuridades, necesita ser iluminado pola esperanza. O día da Nosa Señora de Lourdes pola tarde, ás 5, estades invitados a unha convivencia, especialmente os enfermos, para que, ás 6 da tarde, celebrar a Eucaristía en Honor da Virxe e a Bendición dos enfermos. CEA DE MATRIMONIOS NOVOS (15 de febreiro) Convocamos ós matrimonios de menos de 15 anos de casados, a unha cea, na casa rectoral da Franqueira, o sábado 15 de febreiro, a partires das 9 da noite. É imprescindible anotarse para organizar ben este evento. Repartiremos entre todos o menú. Haberá xogos e sorpresas e daremos grazas á Nosa Señora pola vida matrimonial e familiar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario