viernes, 17 de enero de 2014

PRESENTACION DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA

PRESENTACION DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA O día 2 de febreiro, como xa é costume, teremos unha festa moi especial no Santuario da Franqueira. Este ano, asemade, ó coincidir en domingo, terémola o día propio. Conmemorando o día en que o Neno Xesús foi levado polos seus pais ó templo, así tamén, os pais traen ó seus cativos para poñelos baixoa a protección da Nai de Deus e a Nai de todos. A Virxe, así como coidou do seu meniño, así protexerá ó nosos pequenos. É un día moi alegre en que os choros e risos dos nenos son a mellor oración ó Señor. Queremos deixarnos guiar pola Palabra que nos di Xesús: "Se non vos facedes como nenos, non entraredes no Reino dos Ceos". Facerse nenos, deixarse coida polo amor do noso Pai Bo, confiar plenamente, descubrir a vida coa ollada limpa, vivir a alegría sincera, todo o que os nenos nos ensinan cada día. No fin da celebración, que será ás 5 da tarde, teremos unha pequena merenda para os nenos nunha chocolatada. Estades todos convidados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario