martes, 25 de julio de 2017

SANTIAGO APÓSTOLO




Amigo do Señor.
Así lle chamamos ao patrón das nosas terras, que, alentado polo impulso do Espírito cheo ata a fin do mundo anunciando a Boa Nova. Nesta fe apostólica estamos edificados. Na amizade de quen foi chamado a ser pescador de homes. Do que escoitou as verbas de Salvación, quen contemplou as accións do Reino. En quen foi testemuño dos momentos máis íntimos do Señor, a resurrección da filla de Xairo, a Transfiguración ou a oración na horta das Oliveiras. Santiago, pais de peregrinos, que encamiña nas estrelas do ceo e guía o noso camiñar cara ao Sol invicto Cristo Resucitado, o que nunca se deita e non fenece, senón que alumea coa luz da Vida.
Apóstolo Santiago, roga por nós.

Hoxe celebra o seu santo patrón a parroquia de Prado da Canda coa Misa ás 12,15 da mañá e a procesión.

Na Franqueira as Misas son ás 11 da mañá e ás 5 da tarde

Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira
25/07-17

miércoles, 19 de julio de 2017

A FRANQUEIRA. CAMIÑO DE CARIDADE






A programación deste curso que xa ten rematado centrou os seus obxectivos na Eucaristía e Caridade. Dous pilares no que se edifica o edificio da nosa fe. Queremos, neste tempo do verán e nas semanas previas á celebración da Romaría da Natividade da Virxe María, adentrarnos nunha peregrinación interior, que nos adentre no Misterio de Amor que é a Eucaristía e nos encamiñe cara ao irmán necesitado, presencia do Señor no pobre.
Por esta razón estaremos:

  • Vivindo máis fondamente a Eucaristía diaria, coa participación activa, os cantos, a reflexión.
  • A Eucaristía dominical como renovación pascual semanal
  • No Sacramento da Reconciliación como encontro coa Misericordia entrañable do Pai 
  • Coa lectura compartida da Sagrada Escritura no grupo de Biblia
  • Na Adoración Eucaristíca como tempo de contemplación e silencio do amor
  • Coa oración polos enfermos e os seus familiares como cercanía ao sufrimento
  • Coa pregaria polos nosos finados e os seus familiares, tenrrura esperanzada do Resucitado
  • Na oración familiar como unha chamada de comunión entre o Santuario e os nosos fogares
  • Coa visita a quen o precise para o acompañamento e a cercanía
  • Co equipo de Cáritas interparroquial, expresión da caridade da Igrexa
  • Coa Campaña "Enlázate pola Xustiza" unha proposta de conversión apostando por un estilo novo de vida.
  • Co canto agradecido e oracional do coro, ledicia do corazón que nace do recoñecemento do amor
O noso empeño está en deixarnos conducir por este amor que abrolla do corazón de Cristo e, no peregrinar acompañados e axudados por María, Virxe da Fonte da Franqueira, servir mellor deixándonos amar por El e achegarnos amando aos irmáns.


Xabier Alonso
A Franqueira
19-07-17







domingo, 16 de julio de 2017

ESTRELLA DE LOS MARES

Imagen de la Virgen del Carmen en A Franqueira


Hoy celebramos a la Bienaventurada, Bendita, Feliz, Virgen María del Monte Carmelo. Hoy ponemos la travesía de  nuestra vida en el corazón de la Madre. Hoy, cruzamos mares indómitos para sentir la serenidad del regazo de la Madre. Hoy, perdidos en tinieblas, dejamos que la luz de a fe nos guíe para llegar a puerta seguro. Hoy, hombres y mujeres de la mar, salen en travesía alegre para que nuestra Madre bendiga con su presencia el trabajo de cada día.