viernes, 17 de enero de 2014

PRESENTACION DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA

PRESENTACION DOS NENOS Á VIRXE DA FRANQUEIRA O día 2 de febreiro, como xa é costume, teremos unha festa moi especial no Santuario da Franqueira. Este ano, asemade, ó coincidir en domingo, terémola o día propio. Conmemorando o día en que o Neno Xesús foi levado polos seus pais ó templo, así tamén, os pais traen ó seus cativos para poñelos baixoa a protección da Nai de Deus e a Nai de todos. A Virxe, así como coidou do seu meniño, así protexerá ó nosos pequenos. É un día moi alegre en que os choros e risos dos nenos son a mellor oración ó Señor. Queremos deixarnos guiar pola Palabra que nos di Xesús: "Se non vos facedes como nenos, non entraredes no Reino dos Ceos". Facerse nenos, deixarse coida polo amor do noso Pai Bo, confiar plenamente, descubrir a vida coa ollada limpa, vivir a alegría sincera, todo o que os nenos nos ensinan cada día. No fin da celebración, que será ás 5 da tarde, teremos unha pequena merenda para os nenos nunha chocolatada. Estades todos convidados.

lunes, 13 de enero de 2014

GRACIAS GÁNDARA. GRACIAS SEÑOR

UNHA HOMENAXE Ó NOSO IRMÁN GÁNDARA

Desde o santuario da Nosa Señora da Franqueira queremos elevar as nosas pregarias de agradecemento ó Señor polo noso compañeiro, irmán sacerdote e misioneiro, que, en Zambia nos deixou unha pegada profunda de entrega e xenerosidade. O seu sorriso ó falar das súas xentes nas terras africanas eran mostra do seu amor por eles. Pasou moitas dificultades, e foinas superando, agora encamiñouse cara á Mansión eterna para ser acollido polo Pai Bo. Neste santuario, celebrando a Eucaristía, alentou en nós o´espírito misioneiro.
O ano pasado participou na Celebración da Romaría das Pascuillas.Cando, á mañá moi cedo, subín ó Outeiro, ó lugar onde se celebra a Misa Solemne, a preparar todo para recibir ás parroquias e dispor o necesario para a Romaría. Non ven saíra o sol, alá ven, Gándara, sorrindo, alegre, xovial, co libro da Liturxia das horas. E como nun gran templo construido da man do Creador, ollando cara ó horizonte, comezou a rezar laudes.

sábado, 11 de enero de 2014

CERCO DE SAN SEBASTIÁN

Foto antiga do Cerco de San Seastián na Franqueira
CERCO DE SAN SEBASTIÁN O vindeiro sábado, 18 de xaneiro, terá lugar o tradicional "Cerco de San Sebastián". O costume arranca dunha tradición que comezou en Roma e que se extendeu por toda a cristiandade. No 680 unha peste ameazaba a cidade eterna e decidiron facer unhas rogativas coas reliquias de San Sebastián rodeando toda a poboación. deste xeito, "Cercando a cidade coa oración e aintercesión do santo mártir", libraron o habitantes de seren víctimas da peste. Ás 10 da mañá os fegreses de A Franqueira reunímonos no templo para celebrar a Eucaristía. Damos grazas e Deus por todo; a vida, a creación, o traballo, os campos, os animais, e, pedimos; para que ghaxa máis traballo para todos, para que nos libere os campos das xiadas, do pedrazo, as tronadas, e así, poder recoller bos froitos. Ó finalizar a Misa saímos en procesión percorrendo toda a parroquia. Levamos as imaxes de San Sebastián, Santa Bárbara e Nosa Señora do Rosario. O lugar máis alto é o do "poste", moi preto do cemiterio, depsois de encomendar ó defuntos, ascendemos ata a cruz xubilar. Este monumento foi erixido no ano 1900 con motivo do Xubileo que celebraba o cámbio de século. Ös pes ten unha inscripción en latín que di: “IESU CHRISTO DEO SALUTIS PER IPSUM RESTITUTAE ANNO MCM REGIO CIRCUM FRANQUEIRAM” Que traducido significa: “A XESUCRISTO DEUS POLA SALVACIÓN QUE NOS OUTORGOU OS POBOS QUE RODEAN A FRANQUEIRA LEVANTAN ESTE MONUMENTO ANO 1.900” Desde alí facemos a bendición de toda a parroquia e poñémonos baixo a protección da Nosa Señora. Descendemos ata O Cebreiro e Parada, para, logo de facer as bendicións en cada lugar, subimos ata o templo parroquial polo camiño antigo e finalizamos esta magan procesión. Ó sabado seguinte, pola tarde, celébrase en Prado da Canda. Segue o mesmo ritual, soio que nesta parroquia levamos as imaxes de San Sebastián, San Roque e Santa Bárnara. Desde os "cotos da Bouza", onde se divisa toda a parroquia, impártese a bendición. Estas tradicións contçectannos coa alma da nosa relixiosidade e fannos conscientes da realidade na que vivimos. Ó camiñar polas nosas corredoiras e os camiños descubrimos a riqueza do que somos e temos recinbido e a responsabilidade do que temos que coidar.