lunes, 13 de enero de 2014

GRACIAS GÁNDARA. GRACIAS SEÑOR

UNHA HOMENAXE Ó NOSO IRMÁN GÁNDARA

Desde o santuario da Nosa Señora da Franqueira queremos elevar as nosas pregarias de agradecemento ó Señor polo noso compañeiro, irmán sacerdote e misioneiro, que, en Zambia nos deixou unha pegada profunda de entrega e xenerosidade. O seu sorriso ó falar das súas xentes nas terras africanas eran mostra do seu amor por eles. Pasou moitas dificultades, e foinas superando, agora encamiñouse cara á Mansión eterna para ser acollido polo Pai Bo. Neste santuario, celebrando a Eucaristía, alentou en nós o´espírito misioneiro.
O ano pasado participou na Celebración da Romaría das Pascuillas.Cando, á mañá moi cedo, subín ó Outeiro, ó lugar onde se celebra a Misa Solemne, a preparar todo para recibir ás parroquias e dispor o necesario para a Romaría. Non ven saíra o sol, alá ven, Gándara, sorrindo, alegre, xovial, co libro da Liturxia das horas. E como nun gran templo construido da man do Creador, ollando cara ó horizonte, comezou a rezar laudes.
Sempre disposto, entregado, xeneroso, forte, o corpo e a súa alma, alí, nas terras de Zambia levou a devoción á Nosa Señora da Franqueira construíndolle unha igrexiña
Misa solemne da Romaría das Pascuillas do ano 2013.
Gándara, ó lado do Sr. Bispo recibiu unha homenaxe de todos asistentes
pola´construcción da Igrexiña adicada á Virxe da Franqueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario