sábado, 11 de septiembre de 2021

Grazas nestes días de María

 


María dános consolo e esperanza.

Baixo este título que nos di o Concilio Vaticano II estamos a celebrar as grandes festividades na honra da Virxe María. Se días pasados foi unha expresión de fe fonda ver aos milleiros de peregrinos soportar a choiva e  vento na Franqueira, esta find e semana estamos a ver unha vez máis como os devotos veñen renovar a súa devoción ante a imaxe da Nosa Señora.

Quero destacar o bo orde e silencio nas celebracións. Realmente foi e segue a ser un tempo especial. Dar as grazas polas persoas que fixeron posible contar coas cadeiras e vallas de seguridade. Os voluntarios e voluntarias que fan un labor excepcional. Os seminaristas e os compañeiros sacerdotes. Dar as grazas a todos os que se achegan ao santuario.

Mañá e o día grande da Lamosa coa festa na Honra da Virxe do Libramento. Todo está disposto e cremos que sairá todo ben para a coller aos nenos e nais, as mulleres embarazadas e os pais. 

Felicidades a todos.

Unha aperta e que María, que nos agasalla o consolo e a esperanza cumprida no seu Fillo, faga de nós bos fillos e fillas


No hay comentarios:

Publicar un comentario