miércoles, 9 de abril de 2014

Semana Santa na Franqueira

Estamos a punto de inciar a semana máis importante de todop o ano. Estes días achegámonos ós templos, participamos en procesións, acudimos a diversas celebracións, vemos películas temáticas da época do ano, conservamos costumes, ... todo para celebrarmos a Pascua do Señor.


Desde o Santuario da Nosa Señora da Franqueira queremos convidar a todos a celebrar estes días con intensidade, desde o corazón e sermos quen de acompañar á Virxe María, e, con Ela, facermos o camiño da dor, da paixón, da entrega, da morte, do sepulcro e da VIDA.

Na páxina web do Santuario, www.afranqueira.org , dispos dos horarios das celebracións que terán lugar nestes días. Permíteme que poida facer incidencia en varias cousas. unha delas é a importancia de estarmos ben preparados, por iso, o mércores santo, ás 5 da tarde, teremos unha celebración penitencial con confesión individual. É a oportunidade de celebrar a misericordia do Señor, que como o Pai bondadoso da parábola, espera con paciencia a volta do fillo pródigo. Este día poderemos confersarmos con calma e serenidade.

O Xoves Santo despois da Celebración da Cea do Señor, que será ás 7,30 da tarde, teremos unha "Hora santa". Un tempo de oración ante o Santísimo. Faremos un tempo de silencio, pois o necesitamos, para acompañar ó Señor na Eucaristía, na oración na horta das oliveiras, na moite prolongada de entrega, e o silencio do Fillo de Deus que se enfrenta á morte.

O Venres Santo, despois dos Oficios da Morte do Señor, que serán ás 6 da tarde, sairá en procesión á Virxe Dolorosa e, como é costume, contemplaremos a dor dunha Nai, na que está a dor silenciosa das nais que sofren. Pola noite, ás 9, desde a Fonte da Prata, viermos en Vía Crucis ata o santuario. Cada un que queira participar traerá da súa casa unha cruz. Esas pequenas cruces que temos na cabeceira da cama, ou gardada nos mobles. Cada un porta a súa cruz acompañando ó Señor nesta longa travesía de dor e entrega.

O Sábado, ás 9 da maña´, teremos o rezo das laudes. Contemplamos coa Igrexa o silencio do Sepulcro e facémolo coa recitación dos salmos.

Pola noite, ás 9,30, celebraremos a Solemne Vixilia Pascual. Nesta longa celebración bendícese o lume que irrumpe nas pebras da noite, escoitamos a Palabra de Deus que nos relata a Historia da Salvación, cantamos o Gloria celebrando a Resurrección de Cristo, Bendicimos a auga, signo do nos Bautismo e recibimos a Eucaristía. Todo sxe renova na Pascua.



No hay comentarios:

Publicar un comentario