lunes, 20 de mayo de 2019

SOS NON PODEMOS

Sempre me pasa o mesmo. As celebracións dominciais, contando a do sábado pola tarde, van tendo un proceso ascendente na reflexión da homilía. Na oración previa e na lectura dos textos nacen intuicións, ideas, experiencias. Non todas as lecturas me din o mesmo, pero intento descubrir algo novedoso, a Boa Nova que sempre nos comunica. Chega o momento e xurden como unha cascada novas ideas. Ben é certo que depende tamén do ambiente, ás veces ves que a xente non está moi receptiva, e iso bloquea bastante. No Santuario non coñezo a inmensa maioría da xente que ven participar da celebración, iso é un obstáculo para conectar, pois os que somos habituais, xa nos coñecemos a poderiamos ir facendo o posible para que entre todos poidamos ir preparando as Eucaristías e unha pastoral do domingo que crea comunidade. A Eucaristía fai a Igrexa e a Igrexa vive a Eucaristía. 
Pero non nos liemos. Onte a medida que ía pasando o domingo naceu en mín un anceio de pedir a forza do Espírito para vivirmos o mandemento novo do Señor: Amar como El nos ama. Decsubrir e vivir primeiro o encontro co seu amor que é ledicia, perdón e misericordia, apertura e unidade, frescura e beleza, vida nova que nace del. Como vivir o seu amor? Por min so non podo. E así o comuniquei. E cada intre, cada día, cada acción son chamados a ser chamada a vivir no seu mandato. Renovados ao pe da Cruz no que nos amosa que o amor vence o odio, que a gloria do Señor é o amor total. Que cando son como Xudas, entro nas tebras, pero que misteriosamente Xesús non deixa de amar pois no pecado da traición do amigo está a forza do amor de Cristo que ata iso perdoa. Xudas, como nos pasa ás veces a nós podemos preferir as tebras do noso egoísmo e dos ciumes, dos odios ou envexas, que nos pechan en nós mesmos.
Queres amar? Pos non depende so de ti, é tarefa do Espírito que nos envía. Por nos non podemos.

Feliz día
Xabier Alonso
20-05-2019

Evanxeo: Xn 14, 21-26
    Nunha ocasión díxolle Xesús aos seus discípulos:
    --Quen ten os meus mandamentos e os garda, ese ámame; e a quen me ama amarao o meu Pai e amareino eu e manifestareime a el.
    Xudas, o outro, non o Iscariote, preguntoulle:
    --¿Qué pasou, para que ti vaias manifestarte a nós e non ao mundo?
    Xesús respondeulle:
    --Se alguén me ama, gardará a miña palabra e meu Pai amarao e viremos onda el e faremos vida con el. O que non me ama non garda as miñas palabras; e a palabra que escoitades de min non é miña, é do Pai que me mandou.
    Díxenvos estas cousas mentres estaba convosco; pero o Paráclito, o Espírito Santo que meu Pai mandará no meu nome, ese havos ensinar todo e traeravos á memoria canto eu vos dixen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario