viernes, 24 de mayo de 2019

A VIRXE DA FRANQUEIRA POLAS RÚAS DE VIGO

Nestes días a imaxe procesional da Virxe da Franqueira está ao culto na igrexa de María Auxiliadora. Unha oportunidade, que pola petición feita polos salesianos, fai posible unha vez máis que a advocación máis antiga e venerada da nosa diocese estea na cidade máis rande Galicia. Foron moitas as testemuñas chegadas a min de persoas que agradecen esta visita e de quen, sen ter coñecido nin vido nunca ata a Franqueira, se admiran da singularidade da imaxe da Nosa Señora. 
Hoxe teremos a oprotunidade de que o seu estandarte, o que se confeccionou con motivo da Coroación Canónica estea procesionando polas rúas céntricas da parroquia de María Auxiliadora acompañando a imaxe da patrona desta comunidade. 
Achéganse os días intensos da Romaría das Pascuillas e moitas das parroquias que peregrinarán o vindeiro 10 de xuño ata a Franqueira xa están a facer os prepartivos deste camiño dedicado á Virxe María. Do mesmo xeito que no mes de setembro os peregrinos, fundamentalmente das zonas máis lonxanas do santuario, se organizan para viren á Franqueira. Tamén a Nosa Señora visita aos seus fillos de lonxe e coa súa presenza axúdaos a lembrar moitas das experiencias máis fondas da súa alma.
Algunha igrexas xa teñen a imaxe da Virxe da Franqueira, un modelo de proporcións non moi grandes, pero que achega, sobre todo aos enfermos e maiores  a esta advocación singular da nosa diocese. Por exemplo na mesma igrexa dos salesianos de Vigo, nun dos altares laterais está unha imaxe da Virxe da Franqueira, accesible a todos e que moitos se achegan a venerar como signo de agradecemento e confianza no amor da nosa Nai.

Esperámosvos a todos esta tarde en Vigo
Feliz día
Xabier Alonso
24-05-2019

No hay comentarios:

Publicar un comentario