jueves, 30 de mayo de 2019

DICIR SI COMO MARÍA

Seguimos lendo os textos que o Papa Francisco dedica a María na carta aos xoves Christus vivit. No seu número 44 comenta o significado da aceptación de María as palabras do anxo para ser a nai do Salvador. Son moi suxestivas e nos invitan a sabermos dicir un si confiado en xeneroso como o de María.

«Sempre chama a atención a forza do "si" de María nova. A forza dese "fágase" que lle dixo ao anxo. Foi unha cousa distinta a unha aceptación pasiva ou resignada. Foi algo distinto a un "si" como dicindo: bo, imos probar a ver que pasa. María non coñecía esa expresión: imos ver que pasa. Era decidido, soubo de que se trataba e dixo "si", sen voltas. Foi algo máis, foi algo distinto. Foi o "si" de quen quere comprometerse e o que quere arriscar, de quen quere apostalo todo, sen máis seguridade que a certeza de saber que era portadora dunha promesa. E eu pregunto a cada un de vostedes. se senten portadores dunha promesa? Que promesa teño no corazón para levar adiante? María tería, sen dúbidas, unha misión difícil, pero as dificultades non eran unha razón para dicir "non". Seguro que tería complicacións, pero non serían as mesmas complicacións que se producen cando a covardía paralízanos por non ter todo claro ou asegurado de antemán" (CV44)

Este si foi pronunciado por un mociña, dun pequeno pobo. Logo, a salvación do xénero humano, a presenza do Fillo de Deus, o cambio de rumbo da historia da humanidade, a historia apaixoante da que nos somos herdeiros no Fillo; comeza nunha aldea cunha rapaza xoven. Deus escolle a "periferia e a pobreza". Pon na resposta desta xoven o que leva desde toda a eternidade querendo facer. 
Por isto o si de María ten unha forza sorprendente e aleccionadora. Hoxe á xente nova non nos atrevemos a derlles moitas responsabilidades. Cantas conversas ao falar do xoves que deciden casar e parece que aínda non están preparados, ou os que esperan un fillo e pensan a ver como farán porque son moi novos. Resulta chamativo que así como moitos xoves teñen as capacidades, as posibilidades e os coñecementos para poder realizar algunhas tarefas, para as que son decisivas teñen tantas dúbidas, non so pola súa parte senón tamén polos que están ao seu carón. Ademáis con a etrena dúbida se serán constantes e poderán chegar ao fin. Dame a sensación de crear un perfil de xoves que son débiles, pero convértense en modelos atractivos para o resto da sociedade: todos queren ser vitais, alegres, decididos, arriscados, e non digamos altos, guapos e atractivos. As responsabilidades son para os serios, as decisións importantes e a constancia son para os rostros grises e miradas perdidas. 
Que equivocados. María, a pesar de sentir unha fonda responsabilidade, confía plenamente. Decír "fágase" e deixar que o amor de Deus en quen se confía dea feitura na vida o que necesitan os demáis. Non é para ela a quen ten criar, é para salvar ao mundo. Non é para gardar, senón para compartir. E ahí está moitas veces o erro, creer que as nosas decisións son para nós. Tes que facer o mellor para ti. Pois non, teremos que decidir o mellor para que sexa manifestación da xenerosidade, da confianza, da fe en Deus, do ebn para todos, da alegría compartida. Dicir si, polo tanto, é dicir un si alegre e xeneroso. Por iso María sae despois a coidar da súa curmá.

O próximo sábado inicamos a novena da Virxe da Franqueira que nos prepara para a romaría das pascuillas. O Rosario dará incio ás 6 da tarde, neste día participan os cativos da catequese.

feliz día
Xabier Alonso
30-05-2019


No hay comentarios:

Publicar un comentario