domingo, 13 de diciembre de 2020

CONTENEDOR DE ROUPA EN FRANQUEIRA


 Xa temos no adro da igrexa santuario da Nosa Señora da Franqueira un contenedor do Proxecto textil de Caritas. Unha boa nova. Sabedes que na Cáritas interparroquial recollemos roupa, calzado e complementos, que logo se envían á nave que ten Cáritas na empresa de inserción. A través dun traballo de selección, moita del é posta á venda na tenda que temos no Calvario en Vigo. Cos ingresos están varias persoas en emprego, e asemade, as familias que necesitan roupa van facer o seu gasto, sen custe ningún e de forma gratuita, a través dos servizos de acollida e das nosas trabaladoras sociais. Este estilo ven dado pola reforma de acción de Cáritas para que as persoas necesitadas teñan un acceso digno ao que necesitan, sen ter que depender do que se lle entrega, senón coa capacidade de poder escoller o que mellor lles vai. É un xeito de acompañar e de facer máis adecuada a posibilidade de saír das situacións de pobreza e vulnerabilidade.

O contenedor está no adro do Santuario, ao fondo. As bolsas de roupa deben ser pequenas e pechadas. Se alguén ten roupa sen estrear, ou calzado e complementos sen estrear, pode colocalo aparte e porse en contacto connosco.

Para calqueira dúbida podesde chamar ao 609472591 ou unha mensaxe a info@afranqueira.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario