domingo, 27 de diciembre de 2020

FAMILIA, maiores e anciáns


 Hoxe celebramos a festividade da Sagrada Familia. Un domingo que nos convida a contemplar o feito de que o Fillo de Deus realiza a súa vida, medra, deixase coidar. ensinar, madura no seu crecemento en todas as dimensións da vida no seo dunha familia. Xesús, María e Xosé, viven problemas como os que temos nós actualmente, quizais dun xeito aínda máis grande, por intentar comprender como a vontade de Deus non fai máis sinxelas as cousas. Desde a dispoñibilidade e a tenrura de María, co silencio e o inxenio de Xosé, coa entrega e observación de María e a custodia e bondade de Xosé, así, no centro deles está Xesús, a nel poñen toda a esperanza dun pobo e da humanidade.

Hoxe estamos nuns tempos novos, nunha situación de fraxilidade e medos interiores que nos revelan o importantes que son o compartir o que levamos no noso interior, o diálogo sincero, o apoio mutuo, os proxectos de futuro, os silencios cómplices, a protección do fogar, o sorriso e o abrazo dos que están preto e as olladas telemáticas dos que están lonxe, os correos e mensaxes e as cartas e fotografías, os saúdos e despedidas. Todo se fai novo, e queremos vivilo en cada instante como unha opotunidade única de ser nós mesmos. O que máis amas está na casa, o que mellor te comprende, o que ás veces máis te enfada, pero ao que te sintes tan unido e unida, que non queres que nada vos separe.

Este ano a xornada desta festividade ven convidarnos a reflexionar e orar sobre os anciáns, tesouro da Igrexza e da sociedade.  Este tesouro, ás veces tan agochado, nos lembra que non ven dado por os feitos ou éxitos do que realiza, pois cada persoa, polo feito de ser, xa é un tesouro de amor e vida para todos. Hai un programa concurso de talentos musicais, no que saen os candidatos e cantan, namentres que o xurado está de costas ata que se xiran se lles gusta e o elixen para ser mebros dos diversos equipos. Na súa edición senior, da que vin algúnha vez, sentín pavor ao contemplar como saen persoas maiores a cantar. Algunhas delas son antigos éxitos e voces de prestixio. O xurado, nalgunhas ocasións nin se xira. Cando revelan a súa identidade comenzan os eloxios, as disculpas e un sin fin de parabéns, que me imaxino que xa teñen preparado por si se da o caso. O éxito, a fama, nestes momentos resulta relativamente fácil, con que vaias apañanando me gustas, e outras lindeces tecnolóxicas, podes vivir, e algúns o fan, do conto. Pesa máis o económico que o feito de facer arte, expresar a alma, compartir a inspiración, que algúns non entenden que non so cuestión de capacidades, senón de madurez e de virtudes que se forxan na constancia e en silencios valeiros. 

Os que agora son anciáns viron como o mundo deu unha transformación radical, pero a base de crises, guerras, loitas fraticidas, ideoloxías radicais, democracias fráxiles ou dictaduras excluíntes. Moitos tiveron que calar as súas ideas ou os seus ideais, outros fixeron da súa vida unha vocación para a vida. Cando falamos de anciáns eu quero pensar non so nos das nosas casas, ou familias, das residencias e fogares e xeriátrcos, tamén o fago dos conventos e mosteiros onde avellentadas polo paso dos anos permanecen fieis ao seu carisma, ou a residencia dos nosos curas máis vellos ou aqueles que xa teñen uns anos e permanecen nas parroquias. Os anciáns que fixeron posible os cambios máis incribles no eido da comunicación, das tecnoloxías, da investigación, das letras e das ciencias, das artes. Moitas grazas. Pero tamén os sufrimentos da emigración, de buscarse a vida como poideron. De ter que sacar a familia e o traballo adiante, de loitar polos dereitos e libertades, por crear unha sociedade xusta e democrática, de superar os radicalismos, de crer nun mundo mellor, de ter idealismos e sentido trascendente da vida, de transmitir a fe, saborear o íntimos dos costumes e a inspiración do Espírito. Acaso non foron anciáns e nos deron exemplo, Xoán Paulo II, Tareixa de Calcuta, Cámara, Casaldáliga, e non o é agora Bieito XVI, e o mesmo Francisco que xa pasa dos oitenta. Pois pensa agora nos anciáns que non son so obxecto de ver que podemos facer por eles, senón, que podemos aprender deles, asemade que viviron tantas crises e moi graves.

Feliz domingo

Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario