domingo, 6 de diciembre de 2020

A VOZ NO DESERTO

 


Xa pasou unha semana desde que inicamos o advento. O tempo pasa demasiado lixeiro. E posiblemente, así como deixamos tantas cousas para última hora, igual imos deixando prepararmos o corazón para a chegada do Señor. 

Prendemos unha pequena lumieira, unha veliña que significa que a luz da esperanza renove as nosas vidas. Unha pequena luz que ven a afcerse anticipo da Luz do mundo que ven rematar coas tebras do mundo e que nos envolven tantas veces, ou que están no noso interior.

E é que Deus non ven a facer máis que o que tiña xa anunciado nos profetas e na historia. Chegan tempos de reconstruir o que o pecado tiña derrubado. Hoxe, no deserto do corazón e do mundo escoitase a voz que se berra no deserto. A que vas ao deserto? Que buscas nun deserto? Escoitar no silencio. Facer silencio para acoller a voz do Bautista que nos chama á conversión. ois será o Señor, o que nace en Belén, quen traia o perdón e a paz. A Palabra que se encarna no seo de María é canción de misericordia e bondade.

A carón do deserto descurre como a vena da vida o río Xordá. Por el van as augas purificadoras. Anúnciase no arrepentimento a limpeza que derrama en nós o Espírito enviado polo Mesías, o bautismo de Espírito que nos xungue ao corazón vital.

Neste domingo temos escoitado "Comezo do Evanxeo". Comeza o anuncio da Palabra que se fai presenza de Salvación. Comeza unha nova creación, comeza unha nova humanidade que chegará á súa plenitude. Comeza o Home Novo que amosa na cruz o amor e alumea coa resurrección.

Preparamos con María, Nai da Esperanza, a chegada do Salvador.

Xabier Alonso

06-12-2020

No hay comentarios:

Publicar un comentario