jueves, 16 de agosto de 2018

SAN ROQUE




Hoxe imos celebrar xuntos este día de San Roque. É un dos santos máis populares e no que se recoñecen dous aspectos importantes da nosa fe cristiá: peregrino e home de misericordia. 
Andou camiños e corredoiras percorrendo lugares significativos da cristiandade, así se lle representa, como peregino a Compostela. Que necesitamos para o camiño?, nada, poñernos a andar. E ás veces sen máis pretensión que chegar ao destiño, non o que nós queiramos, senón o que o Señor nos dispón. O peregrino percorre os vieiros sen máis que ir dando cada día un paso máis, sen máis carga que a que leva no interior, que paseniñamente vai deixando á beira do camiño. Parar se estás canso, beber cando tes sede, comer cando tes fame, escoitar condo falan, calar cando quer escoitar, falar cando tes algo que dicir. Sorrir para non chorar, chrar cando non podes rir, chorar da risa, rirse dun mesmo. Ollar ao ceo para contar estrelas que maracn camiño nas tebras do andar, ollar ao sol que quece no camiñar, sen poder pisar a sombra que nunca nos abandonará. Loitar cun mesmo para non desesperar. Loitar para non quedar, loitar para esperar. Peregrino, fai camiñpo, non deixes de andar.
O segundo aspecto é que San Roque soubo amar misericordiosamente. Unha faceta máis de sobra propia da nosa ollada cristiá. Achegouse aos apestados, aos desterrados e maltratados, non so pola enfermidade, senón tamén pola sociedade. Curar as feridas, sandar os corazóns, consolar ao triste é presenza do Señor. No rostro do pobre está o crucificado, cargar co doente é amar ao Resucitado.

feliz día de San Roque
Xabier Alonso
16-08-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario