martes, 21 de agosto de 2018

PORSE AO SOL



Estamos en tempo de verán. Moitos escollen o lecer de pasarse horas torrando ao sol. As praias, cheíñas de xentes, convértese nunha parrilla humana. Volta e volta, e asar. 
Non me vou referir nesta ocasión a esda escea, senón  no feito de poñerse ao sol, que non vai con segundas dunha certa canción que desgraciadamente segue a resoar nalgúns ambientes que de nostálxicos de anos pasados. Poñerse ao sol, para ver a sombra.
Se me poño de costas ao sol, que vexo proxectar diante de min?. Sombra
Se me poño vendo ao sol, onde queda a miña sombra? As costas.
Pois ven, se lle dou as costas ao sol, ao Señor, perdo a visión real da miña existencia, o que vexo son sombras. O que proxecto sobre min mesmo, son o pecado, as maledicencias, os egoísmos, véxome de xeito indigno e non teño máis futuro que sombras. 
Se poño o meu frente cara a luz do sol, a sombra queda detrás, a luz alumea, quece, dame esperanza, e deixa nun segundo plano aquilo que pertence ás tebras.
Cara onde quero camiñar?
"Deixemos as obras das tebras" "Somos fillos da luz". 
Non esquezamos que a luz de Cristo alumea as tebras deste mundo.

Pasa un bo día
Xabier Alonso
21/08/2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario