viernes, 3 de agosto de 2018

XA VALE DE TANTOS PREXUIZOS



Os prexuicios estropean moito as relacións. Cando clasificamos as persoas xa lles poñemos unha etiqueta. Se cambian, e podemos todos cambiar e ser mellores, ata pode cxrear desconfianzas "algo quere cando se fixo tan bo". Se cometemos un erro quedamos estigmatizados parta sempre, e xa podes ser un santo que fixeches unha. Se es distinto, porque cres na bondade, na verdade, na beleza, na xustiza... es raro, estás fora do establecido. Se a historia da familia ten unha identidade determinada non te podes saír da historia, e se o fas, "¿onde vas?". Se es alegre, non es unha persoa formal. Se estás serio, non es sociable. Se te comprometes, a ver que vas facer. Se rezas moito, es unha beata. Se non te miran rezar, moito conto. 
Xesús non foi a Nazaret a contentar a ninguén, non fai como moitos persoeiros de hoxe, que cambian de discurso como lle conveña. Xesús vai anunciar a Boas Nova, pero as desconfianzas e prexuizos impediron que a semente do Reino chegase a nacer.
¡Cantas veces poñemos obstáculos a Boa Nova polos nosos prexuizos!
¡Cantas enerxías gastadas en discusións inútiles de eu penso, eu digo, a min contáronme, deixéronme!
Vale xa. 
Abramos o corazón a Palabra.

Evanxeo: Mt 13, 54-58
E (Xesús) foi para a súa terra. Alí con tal xeito lles ensinaba na sinagoga que dicían abraiados:
-¿De onde lle veñen a este esa sabedoría e eses milagres? ¿Non é o fillo do carpinteiro?
¿Non se chama María súa nai; e seus irmáns Santiago, Xosé, Simón e Xudas? E súas irmás ¿non viven connosco? Entón ¿de onde lle vén todo isto?
Estaban realmente escandalizados por causa del. Pero Xesús díxolles:
-A un profeta só o aceptan mal na súa terra e na súa casa.
E alí non fixo moitos milagres pola falta de fe daquela xente

No hay comentarios:

Publicar un comentario