viernes, 31 de agosto de 2018

FIN DE SEMANA DE ACTIVIDADES EN A FRANQUEIRA




A Franqueira celebra unha fin de semana intensa
Esta primeira fin de semana está cheíña de actividades e celebracións no santuario da Franqueira. Comezada a novena o xoves día 30 cada día faise unha invitación a consagrarse baixo a protección da Nosa Señora
O sábado comeza a xornada coa Misa do peregrino ás 9 da mañá. Desde hai uns anos, os peregrinos dispoñen de duchas para asearse despois do longo camiño para chegar ao santuario.
Tamén se celebra a Eucaristía ás 10,30 da mañá
Ás 12 do mediodía terá lugar a celebración do Funeral solemne polos devotos da Virxe da Franqueira falecidos.

Pola tarde a novena é ás 6 e a Misa estará dedicada aos máis novos. Nenos e nenas son convidados a porse baixo a protección da Virxe da Fonte, padroeira da Paradanta.
Á noite a cita é para a mocidade. Ás 9,30 comeza a X peregrinación da mocidade. Subindo polo camiño do Vía Crucis chegarase xa de noite pecha ao Coto da vella. No camiño faranse as reflexións e oracións que configuran o libro do peregrino que se editou este ano. Os cantos correna a cargo de Rubén de Lis, cantoautor que ten participado en máis dunha ocasión no santuario.
Este ano estrearase un canto dedicado á Virxe da Franqueira, con letra do rector do Santuario e música de Rubén de Lis.

O domingo día 2 estará dedicado especialmente aos enfermos. Durante o día participarán voluntarios de pastoral da saúde presentando o Centro de escoita da diocese.
As misas do domingo son ás 10, 11 e 12 da mañá e pola tarde a novena ás 4,30 e Misas ás 5 e 6,30.
Para máis información: 
609472591/ 986960496/ info@afranqueira.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario