lunes, 15 de julio de 2024

RITO DE ORDENACIÓN EPISCOPAL 1

RITO DE ORDENACIÓN EPISCOPAL 1 


Queridos amigos e amigas. Quedan poucos días para a ordenación episcopal de D. Anotnio. Nesta semana imos repasar a celebración de ordenación coas súas oracións, xestos e símbolos. O primeiro que debemos ter en conta que a celebración é unha manifestación visible da Igrexa ministerial e servidora. Todo está en función do que se realiza e, faise, a través dos diversos ministerios que entran en xogo, pero ademáis, queda visible o servizo que cada membro da Igrexa realiza na comunidade cristiá como familia de crentes, misioneira e evanxelizadora e servidora na caridade. A acollida dos ministros que van participar, lectires e acólitos, diáconos, presbíteros e bispos non é un momento de espera nin se realiza como nun teatro a que se levante o telón. Namentres esperamos, a comunidade está en actitude orante. Tomamos conciencia do que imos facer, de quen somos aquí e agora, somos testemuñas, pero tamén comunidade que se une para dar grazas, loar, bendicir, e unirse na pregaria confiada no espírito que é o actor principal.

Escoitamos a Palabra, respondemos co canto, acollemos no silencio, asimilamos con actitude propia dos discípulos que estaban atentos, pero non so ao que se di, senón por qué. Tomamos exemplo de María que deixa penetrar no interior, garda, medita. Nesta ocasión a Palabra nos axudará a comprender a orixe do ministerio episcopal.

E o rito de oradenación comeza despois do Evanxeo Ten un forte protagonismo a asemblea, que canta unida en pregaria o himno dedicado ao Espírito Santo. Fixarvos que é a Igrexa, representada na asemblea reunida, que en varias ocasións terá esta misión, orar. Agora invocamos ao Espírito, protagonista de toda acción sacramental da Igrexa. Ven Espírito... doce hóspede, lume, frescura, alento, vida, fortaleza,... así no-lo ensina a Tradición, que ao ter que realizar unha consagración especial para a misión todos se reunían e invocaban ao Espírito. 

Logo un sacerdote di ao Bispo ordenante principal "Reverendísimo pai, a Igrexa de Tui-Vigo pide que ordenes Bispo ao presbítero Antonio". É a Igrexa que pide que sexa consagrado un fillo para o ministerio do bispo. Somos esta comunidade de Tui-Vigo, non unha Igrexa abstracta nin extraña, somos esta comunidade concreta, coas súas grandezas, a súa historia e as súas miserias, a Igrexa Corpo de Cristo e Pobo de Deus que peregrina neste lugar e neste tempo. Somo nós, os crente, configurados en Cristo quen o pedimos.

Lerase o mandato apostólico, as letras do papa Francisco polo que se nomea a D. Antonio Bispo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario