lunes, 15 de julio de 2024

RITO DA ORDENACIÓN EPISCOPAL 2

 

María, Nai da Igrexa


RITO DA ORDENACIÓN EPISCOPAL 2

Seguimos describindo o rito da ordenación de bispos. Finalizada a homilía do Bispo ordenante; que sempre ten que haber tres bispos polo menos, un principal e dous que o acompañan que certifican esta consagración, comeza as preguntas que se realizan para acoller as promesas do elixido. Nos sacramentos; na iniciación cristiá, matrimonio, orde; antes do momento central pregúndase ao elixido; no caso do bautismo de nenos aos pais, sobre a idoneidade e intención, así como a libertade e disposición. No caso do episcopado son 9 preguntas. Paso a describir as mesmas:

1.- Disposión a consagrarse para toda a vida como sucesor dos apóstolos e recibir o don do Espírito para esta tarfea.
2.- A vontade de anunciar o evanxeo de xeito fiel e constante
3.- A conservación do depósito da fe e a Tradición recibida
4.- A edificación da Igrexa, Corpo de Cristo, na súa unidade no sucesor de Pedro
5.- A obediencia ao sucesor de Pedro, o Papa
6.- O coidado do pobo de Deus con amor paterno e coa colaboración dos presbíteros e diáconos
7.- A atención bondadosa dos pobres, dos migrantes e dos necesitados
8.- O empeño de buscar aos alonxados e lonxanos e facer un único rabaño
9.- A oración polo pobo de Deus e o exercicio do sacerdocio.

Como podemos observar, son moitas as promesas, porque son moi diversas as tarefas que desenvolve o bispo. A resposta non garante a eficacia, senón a disponibilidade a ser instrumento da graza de Deus. Por esta razón será este pobo ao que se lle encomenda o coidado o que fará a oración polo elixido.

As ladaíñas dos santos e santas é un dos momentos máis emotivos. O que vai ser odenado fará un xesto de humildade orante prostrándose no chan. Namentres, o pobo canta as ladaíñas, pregando por el. É toda a Igrexa que reza, que pide, expresa a súa súplica para que realice de xeito adecuado todo o que acaba de prometer, pero máis aínda, o principal que se pide é que derrame a súa graza, isto é, o Espírito Santo. Neste dinamismo observamos que non é so unha transmisión de poder que lle confire un bispo a outro, é a presenza da Igrexa que garante esta súplica e fai posible a visbilización dunha comunidade que ora. 

Nas invocacións finais fanse unhas peticións, por iso, non hai a oración dos fieis como a rezamos normalmente na Misa, senón que son este momento a oración de todos. Dise "para que bendigas, santifiques e consagres a este elixido" e finalmente pedimos pola paz e a concordia dos pobos, a misericordia para os que sofren, e na fin pedimos para que Deus nos fortaleza e asista a toda a comunidade no servizo santo, nunha vida fiel e santa.

Con María, Nai da Igrexa e todos os santos e santas, rezamos. Somos un corpo unido coa forza e o impulso do Espírito


No hay comentarios:

Publicar un comentario