martes, 16 de julio de 2024

RITO DA ORDENACIÓN EPISCOPAL 3

 


RITO DA ORDENACIÓN EPISCOPAL 3

Pasamos agora ao momento central. Unha vez que a comunidade reza pedindo polo elixido faise un xesto moi común na liturxia: a imposición de mans. As mans sobre a cabeza significa o derramamento dos dons de deus e a mediación da Igrexa para recibir o sacramento. Faise en silencio, primeiro por parte do Bispo ordenante principal, e despois o resto dos bispos presentes. O silencio expresa a solemnidade do momento. O xesto fala por si mesmo. Debemos unirnos neste intre coa pregaria silenciosa. O Espírito realiza a súa acción no silencio, no medio do seu templo que somos todos, na espectativa do futuro que se abre.

Realízase a oración consacratoria cun xesto moi significativo. Dous diáconos colocan sobre a súa cabeza, aberto, o libro dos Evanxeos. Este libro coa Palabra de Deus está aberto sobre el namentres se pronuncia a oración.

A continuación a oración de consagración lembra a acción de Deus ao longo da historia da salvación e di a pregaria seguinte. Infunde agora sobre este elixido teu a forza que procede de ti: o Espírito de goberno que lle deches ao teu Fillo amado Xesucrsito, e el, á súa vez, comunicou aos santos Apóstolos, os cuais estableceron a Igrexa como santuario teu en cada lugar, para gloria e loanza incesante do teu nome.

Esta oración fanna os bispos ordenantes. Logo continúa pedindo que lle conceda ser bo pastor, servidor, sumo sacerdote, manso de corazón, entregado, e que a súa vida sexa loanza para a gloria de Deus na Igrexa.

Logo recibe a unción na cabeza do Santo Crisma lembrando que se derrame sobre el o bálsamo e a bendición para ser fecundo no ministerio. A continuación se lle entrega o libro dos evnaxeos lembrando que anuncie a Palabra de Deus con sabedoría e constancia. 

Os simbolos episcopais que recibe a continuación son:

O anel, que llo coloca no de anular da man dereita. É signo de fidelidade e protección da Igrexa, esposa santa de Deus. O anel episcopal comenzaría a usarse a partir do século VII.

Ponse sobre a súa cabeza a mitra, o gorro rematado en punta con dúas telas por detrás. É signo da santidade que debe brilar na vida do bispo. A mitra comezaron a usala os bispos a prtir do século X ou XI.

O báculo comezou a usarse na liturxia hispánica no século VII e logo en Roma partir do século IX. É o bastón ou caxato do pastor. É o signo que manifesta o carácter de ser o guía e quen coida do rabaño da Igrexa.

Por último, por ser bispo da Diocese, senta na cátedra. Ésta é a cadeira principal desde a que predica, imparte o ensino ao pobo santo. Simboliza este simple xesto a toma de posesión da Diocese. A verba cátedra ven do grego Kata (en alto) Hedra (asento), de aí ven a verba cadeira en galego e en portugués. 

Remata este momento co bico da paz que lle dan os bispos como signo da recpeción por parte do colexio episcopal.

Toda esta riqueza de xestos e símbolos é unha invitación a valorar a grandeza do ministerio que se recibe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario