lunes, 27 de octubre de 2025

XXIII PEREGRINACIÓN DO ROSARIO

 
XXIII peregrinación do Rosario

Un ano máis desde o Santuario da Franqueira vimos de celebrar esta nova edición da Peregrinación do Rosario.  Facendo o camiño desde a Parroquia de A Lamosa, pasando pola capela de Corzós e a Parroquia de Santiago de Prado da Canda coa igrexa parrpoquial e a Fonte da Prata, rezamos os misterios do Rosario cunha breves reflexións que axudan a centrar o camiño orante que realizan os peregrinos. Os

Misterios foron os gozosos e os comentarios foron tomados da Bula de convocatoria do Ano Xubilar 2025.  Cun total de 102 peregrinos fixeron o camiño cun tempo moi agradable para ir con calma. Presidiu a Cruz xubilar e unha cruz coa que se foron colgando as cintas de colores que represnetan as intencións que se foron propondo no camiño. Nas igrexas de Lamosa coa Virxe do Libramento, a capela de Corzós coa da Peregrina e a de Prado coa do Rosario, puideron orar con calma e sosego e coa intensidade que se amosou en cada un dos momentos, co silencio e cantos apropiados. En Prado puideron venerar o relicario da Enciñeira e dos santos pastoriños de Fátima que se custodia nesta parroquia.


Á chegada ao Santuario rezáronse o último dos misterios e as ladaíñas. A Misa que se celebrou foi a propia do Ano Xubilar.

Con esta peregrinación finalizan as edicións de camiños xubilares que veu de organizar o Santuario con motivo deste Ano Santo. Unha iniciativa que contou con un nutrido grupo de peregrinos que realizaron os camiños desde A Cañiza, Covelo, Paraños, Baldomar, Vilasobroso, Pena de Francia, Ribarteme e ao Coto da Vella.  Desde o santuario xa se está a pensar en novas edicións de


peregrinacións e preparando a do Rosario do próximo ano.

1 comentario:

  1. María gracias por ser Nosa naiciña.
    Protégenos frente un mundo violento e croel

    ResponderEliminar