NON MÁIS INCENDIOS
É moi desalentador pensar que segue a haber xente que poida prender lume ao monte e por en perigo a vida das persoas, os recursos e esquilmar unha fonte de saúde e vitalidade como é o da natureza.
Desde o día 24 de xullo todos os recursos que consumimos é débeda con oso planeta, pois xa chegamos ao tope da capacidade de rexeneración e sostenibilidade da nosa Casa Común. Polo tanto, todo o que estamos a consumir vai en detrimento da nosa terra.
Estes novos ataques ao monte é unha agresión ao mundo rural. Supón un paso atrás na posibilidade de desenrolo das nosas parroquias, non so polo retraso no crecemento do monte e a baixada de ingresos na venda da madeira e nunha economía ecolóxica, senón na vida saudable como sinal de identidade do rural. O coidado do monte debe ser preventivo durante todo o ano, que este ano o inverno foi moi húmido e provocou que, coa chegada do calor, medre desmesuradamente a maleza, senón tamén o aproveitamento dos recursos de forma máis racional e sostible. A implicación de todos debe involucrar ás novas xeracións que de cada vez vanse desvinculando da aldea, quedando esta a ser o refuxio dos maiores que resisten e que non teñen a capacidade de poder coidar das propiedades.
Coidemos do noso ben natural, agasallo de Deus
Mucha razón llevas en ello. Que pasará por la cabeza de estos incendiarios para poner en peligro vidas, enseres, animales y naturaleza.
ResponderEliminar