domingo, 3 de agosto de 2025

AO CRISTO DA VICTORIA


AO CRISTO DA VICTORIA 

Ergueito nun patíbulo,
fendido o teu peito nun manacial de amor,
posto de pe, como estandarte,
como timón dunha nave,
como lumieira dunha noite,
como monte potente e rexio.

Ergueito, véxote Cristo da Victoria
esperando unha tarde máis,
na que saes camiñando polas rúas
despacio, sen presas,
como querendo atender a cada filla e fillo,
despacio, pechados os ollos
concentrado no intre sereno da entrega.

Así, como chamndo as portas do corazón
en cada vida desfeita pola soidade,
corazóns amargos de dor e sufrir,
almas en búsqueda que interpelan ao ceo.

Cristo da Victoria
hoxe vences, derrotas,
coa forza do amor
o pecado e a morte
hoxe estás connosco na batalla cotiá
hoxe vences, hoxe fasnos teus..

Cristo da Victoria, hoxe e sempre

No hay comentarios:

Publicar un comentario