lunes, 4 de julio de 2022

SANTA ISABEL DE PORTUGAL


 Hoxe celebramos a festividade de Santa Sabela de Portugal, a Raíña santa. Poño o seu nome pois esta muller dunha forza increíble, e dunha fe inquebrantable, foi quen de facer da política non un xogo ruín, senón un camiño de caridade, de reconciliación que fixo posible o entendemento entre os membros da súa familia. Pero, se en algo destaca é pola súa búsqueda da verdade no amor á pobreza seguindo as pegadas do carisma franciscano. Neste camiño de interiorización realizou varias peregrinacións a Compostela. Camiño da tumba do apóstolo parou na Franqueira a se hospedar. Temos pois a honra de termos recibido no antigo mosteiro a esta santa exemplar pola súa caridade cos máis pobres. A tradición nos relata que rezou onda a imaxe da Nosa Señora da Fonte en 1335, entregando como lembranza unha doazón do tesouro que levaba a Santiago.

Podes entrar na vida desta santa no seguinte enlace:

Biografía de santa Isabel de Portugal

Pola consideración de Santa Sabela como padroeira dos países en guerra, encomenadermos as situacións de enfronamento militar que se viven no mundo, que pasan dos 50, e que 30 deles se desenvolven en Africa.

Oh Dios, que creas la paz y amas la caridad, Tú que otorgaste a santa Isabel de Portugal la gracia de conciliar a los hombres enfrentados, muévenos, por su intercesión, a poner nuestros esfuerzos al servicio de la paz, para que merezcamos llamarnos hijos tuyos.

Por Jesucristo, nuestro Señor.




No hay comentarios:

Publicar un comentario