Moita xente anda na busca de formas de atoparse consigo mesmo. Uns recurren a diversos métodos, pero decátanse dos medos interiores e do vacío no seu corazón. outros ocupan tempo en facer cousas, encher a axenda, dedicar horas e esforzo en acumular experiencias. E ben seguro que ti sabes d emoitas máis formas de busca. Hai ofertas de encontros de silencio, meditación e pacificación. Hai un síntoma que ás veces delata unha realidade do noso tempo: querer estar en paz con un mesmo e destaca o feito de o pensamento é sobre a propia persoa. O individualismo exacerbado pode facernos moito danos.
Hoxe Xesús ensínanos a facer oración. Recita a pregaria do Noso Pai, e nós facémola nosa. Nos inicios da Igrexa, xa era a pregaria de cada día dos crentes. Se nos fixamos, o centro da oración non somos nós, senón Deus. Una verba que se abre ao diálogo con él, recoñecendo o seu a mor e nosa confianza nel, pero que, inevitablemente está aberta ao encontro cos irmáns a través do perdón. Que non é unha pregaria en sincular, e que, aínda que a recemos sos debe ser pronunciada en plural. Que non se pecha en si mesma, senón que, ten a ollada posta no proxecto do Reino.
Por isto que reza espera, busca, recibe e comparte.
neste día rezamos polos avós e os maiores, e tamén polo cese da violencia contra natureza, paren os incendios e o Señor nos bendiga con un cambio de tempo favorable para a nosa terra
Feliz domingo
Xabier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario