miércoles, 25 de julio de 2018

SANTIAGO


Levanta a ollada e pon a esperanza nun camiño de estrelas que conducen á benaventuranza. Érguete peregrino, que o camiño é longo, a ilusión non fraquea o vento é alento dun mencer de esperanza. Non estás so. Cada paso é un golpe de son suave que marca o ritmo dun anceio. Cada paso unha aposta polo futuro. Cada paso un dicir si podo. Contigo Santiago, amigo do Señor, cada paso é poñerse, ereguerse, decidirse, deixarse guiar, sufrir caladamente, esperar, poñer a vida nas mans de quen nos chama. Cada paso é unha victoria, sen ese paso, non chegao á fin. Cada paso é profecía da meta. Cada paso é dicir xa estou ás portas do santuario.
Postarme diate do teu sepulcro, fillo do trono, para derramar as bágoas da fin. Chegar para agradecer, chegar para renovar a fe. Chegar para ser contigo discípulo e apóstolo.

Ensíname, Zebedeo, dexiarme  consolar e fortalecer pola Nai do Señor, coma a ti na ribeira do Ebro. 

LECTURA DO SANTO EVANXEO SEGUNDO MATEO

           Naquel tempo, a nai dos fillos do Zebedeo acercouse cos seus fillos a Xesús, e prostrouse para pedirlle algo.
            El preguntoulle:
            ‑ Que queres?
            Ela respondeulle:
            ‑ Manda que estes dous fillos meus senten un á túa dereita e outro á túa esquerda no teu Reino.
            Replicou Xesús:
            ‑ Non sabedes o que pedides. Podedes beber o cáliz que eu teño que beber?
            Respondéronlle:
            ‑ Podemos.
            Replicoulles Xesús:
            ‑ O meu cáliz beberédelo; pero o sentar á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min concedelo; é para quen o meu Pai o ten preparado.
            Os outros dez, que estaban oíndo, anoxáronse cos dous irmáns. Entón Xesús chamounos a todos onda el e díxolles:
            ‑ Sabedes que os xefes das nacións as tiranizan, e que os grandes as dominan. Non ha ser así entre vós; ao contrario, quen queira entre vós chegar a ser grande, ha de ser voso criado; e quen queira entre vós ser o primeiro, ha de ser voso servo; porque o Fillo do home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entregar a súa vida en rescate por todos.

Feliz día do Apóstolo
Xabier Alonso
25-07-2018

Misas de hoxe

Prado da Canda: 12,15 Misa solemne e Procesión
Franqueira: 11 da mañá e 5 da tarde
A Lamosa: 10 da mañá


No hay comentarios:

Publicar un comentario