lunes, 9 de julio de 2018

RENOVADOS




Mañá terá lugar a reunión do Consello de Presbiterio da nosa Diocese de Tui-Vigo. Éste é un órgano consultivo que representa aos sacerdotes da nosa Diocese, e que, amosan o parecer dos membros do presbiterio (presbíteros é o nome máis acertado para designar aos sacerdotes) sobre algúns temas de trascendental importancia na marcha do Igrexa diocesana. Non é o único organismo diocesano de traballo en común, está o Consello de Pastoral que representa aos diversos sectores do trtaballo pastoral da Diocese: parroquias, vida consagrada, catequese, evanxelización, caridade, etc. Este estamento acompaña na elaboración de proxectos de futuro e revisa aqueles que se están a alebaorar. Está o Consello de Laicos, que reúne aos grupos e movementos de vida apostólica, o de Asuntos económicos, o de párrocos, o de arciprestes.... todo isto non é unha estructura valeira, senón a visibilización dunha Igrexa que camiña unida. Todo isto non é moi coñecido pola xente, que ás veces cre que as decisións da Igrexa son tomadas á lixeira, ou son unha imposición que ven da autoridade suprema do bispo, senón que a Igrexa, desde o Concilio Vaticano II, se redescubre como unha comunidade de diálogo e sinodalidade. Esta diocese ten boa experiencia cando hai xa 10 anos vivimos un Sínodo como un camiño de renovación pastoral.
Este tema será rtratado mañá no Consello de Presbiterio. Esta renovación non ven dada por unha efectividade de conseguir que a Igrexa "non perda clientela" como diría un profesional do márketin, senón o problema é que non perda a súa identidade: ser comunidade na que se vive o Evanxeo e comunidade evanxelizadora. Para isto necesitamos: renovarnos todos desde a Fe: Bispo, Sacerdotes, Vida Consagrada, Leigos (Familias, parroquias, grupos, movementos)... rompendo con varias dinámicas perigosas: o estancamento de sempre se fixoa así, a novidade por ser novedosos pero sen fundamento, a efectividade de buscar resultados inmediatos e confiar so nas nosas capacidades.  Por isto fai falta: vivencia de fe e oración, formación cristiá, discermento de decisión desde a fe non desde nós mesmo, actitude de servizo, non pensar na supervivencia senón na construcción do Reino. 
Para logralo todos temos que deixarnos renovar a través dunha sincera conversión, isto é, poñer a Cristo no centro, vivir en El. 
Traballemos por este sentido de comunión e traballo en común nas parroquias e nos grupos, pero insisto, desde a fe, desde a vocación: o Señor nos chama, nós respondemos.

Pido á Virxe María, Nai da Igrexa, que acompañe aos nosos presbíteros nesta tarefa de chamada a renovación na nosa Dicoese.
oremos todos

SE ALGUÉN TEN PACIENCIA PODE ENTRAR NESTE ENLACE QUE VOS POÑO E DARLLE UNHA VISTA ÁS CONSITUCIÓNS SINODAIS DE TUI-VIGO. SON UNHA BOA CHAMADA RENOVADORA QUE O SEÑOR NOS REGALOU HAI 12 ANOS DESPOIS DUNHA XEIRA DE TRABALLOS. ÁNIMO

http://www.psvigo.org/Constituciones-Esp.pdf


Feliz día
Xabier Alonso
09-07-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario