lunes, 2 de abril de 2018

A NOVIDADE DA PASCUA




Boas festas pascuais
Quédannos 50 días de festa. Nin máis nin menos, e, estar plenos da forza do amor entrañable do noso Deus. 
Benqueridos, hoxe aléntanos achegarnos ao testemuño de quen atopou o sepulcro valeiro, e achegándose ao seu interior comprobou que non cheira a morte, senón que arrecende a frescura da vida que agroma nun xardín. Aquel lugar é signo dunha vida, a nosa, de cada un, dun mundo golpeado pola negrura da morte, da creación que se recupera das feridas do pecado... unha nova creación, unha nova humanidade que rexurde.
Hoxe o Señor resucitado ase ao encontro dos nosos medos e fainos testemuñas. Somos creíbles?.

Que anosa ledicia sexa a seña de identidade. Non teñades medo

Feliz pascua
Xabier Alonso
02-04-2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario