jueves, 12 de abril de 2018

TEN FE




Nicodemo renovou a vida, renaceu a un xeito novo de entender. El, coñecedor das Escrituras e da Tradición, necesitou escoitar unha vez, dos beizos do Fillo, do que ven do alto, as cousas celestiais. Pero as cousas do ceo non son alleas a nós. Crer é ter vida, recibir vida. No domingo pasado remataba así o texto do Evanxeo "estas cousas escribíronse para que creades que Xesús é o Mesías, o Fillo de Deus, e crendo, teñades vida nel".
Cando convidamos a alguén a ter fe, que llo dicimos nun momento de apuro, nunha enfermidade, ou nun problema que xa non ten arranxo, o podemos facer pensando:
"A ver como saio desta, sen que me complique a vida, nin me pida nada. Dicirlle ten fe e pois a ver se consigues o que esperas, non sei como axudarche, pero a ver que pasa..."
Tamén pode ser "Deus mandou isto, El saberá, hai que resignarse, ten paciencia... a fin temos que deixar este mundo"
Ou ter fe pode ser "a ver se desta non a perdes. Pídelle e reza... "

Polo tanto de que fe nos fala Xesús hoxe?
O primeiro recoñecer o señorío de Xesús, El é o Salvador. Pensar de que me salva?. Da miña desesperanza, da tristura, do descoñecemento de min mesmo, de vivir no pesar de ir sen destiño nin meta. O señorío porque goberna desde o amor.
Que a fe é un encontro, aínda que ás veces teña a sensación de ausencias, unha relación, un vínculo de alianza, un encontro de amor no que se nos entrega gratuitamente como agasallo a presenza, a vida, o ser. Cando Cristo entra na vida, entra todo, a Palabra, a Historia, a Vida feita saúde.
Que o encontro de  fe é fidelidade, pois crer tamén é confiar en que nunca nos abandoa, non nos deixa ao desamparo.
Crer e abandonarse no amor, asumir os riscos e deixarse fortalecer.
Crer é deixarse amar, nacer a que nos amosa o amor de Deus, o que fai vida o amor, o que na Pascua se nos doa.


Apóstol


Vamos, amigo,
no te calles ni te achantes,
que has de brillar
como fuego nocturno, 
como faro
en la tormenta,
con luz 
que nace en la hoguera de Dios.
Vamos, amigo,
no te rindas ni te pares,
que hay quien espera,
anhelante, que compartas
lo que Otro te ha regalado.
¿Aún no has descubierto
que eres rico para darte a manos llenas?
¿Aún no has caído en la cuenta
de la semilla que, en ti, 
crece pujante
fértil, poderosa,
y dará frutos de vida y evangelio?
Vamos, amigo. 
Ama a todos
con amor único y diferente,
déjate en el anuncio 
la voz y las fuerzas,
ríe
con la risa contagiosa
de las personas felices,
llora las lágrimas 
valientes del que afronta la intemperie
Hasta el último día,
hasta la última gota,
hasta el último verso.
En nombre de Aquel 
que pasó por el mundo 
amando primero.

(José María R. Olaizola, sj)




No hay comentarios:

Publicar un comentario