Cando era cativo gustábame moito ir á tenda. Miña nai enviábame a buscar algunha cousa que se esquecera, ou a ir polo leite fresco que viña en bolsas. Ao chegar á casa-tenda.bar. centro de reunión que era a de Toñita, sempre había alguén, ou o sr. Ernesto arranxando cestos, ou quen ía por unha inxección, ou outro tomando unha chiquita charlando coa máis vella do lugar.
Eu chegaba e daba o recado. Para non andar con cartos no peto, porque tampouco se andaba con eles, a frase era "apúntallo". A nada máis, alí quedaba e eu ía levarlle o recado das cousas que necesitaba.
Eu era enviado e confiaban na miña palabra. O que me recibía facíao coa mesma confianza que se fora miña nai, ía abalado pola palabra de quen me enviaba. Ninguén se ocurría pensar que estaba un a mentir, porque para que querría eu un litro de leite. Pero aínda que me mandara meu pai a buscar tabaco, non se lle pasaba pola cabeza que ía enganar. A confianza eraentre outras cousas que todo se sabía.
Pois isto lémbrame a min o evanxeo que escoitamos hoxe.
Como recibo a quen é enviado no nome do Señor?
Como me presente eu como enviado do Señor a levar a Boa Nova?
Virxe María, Nai da Franqueira, axúdame a confiar e levar o evnaxeo co garante do amor do teu Fillo
Feliz día
Xabier Alonso
A Franqueira, Prado da Canda e A Lamosa
26/04/2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario