jueves, 26 de marzo de 2015

CAMPAÑA ¿TES 10€?



Como ben sabedes estamos a levar adiante un traballo, non pequeno, para acondicionar o espazo onde se celebra a Romaría das Pascuillas. Xa teño explicado que o labor consiste en explanar a maior parte do espazo que quede o altar ben visible e se poida colocar a xente coa máxima comodidade. Para isto traballan a reo unha gran excavadora, outra máis pequena e un camión. Para este traballo foi concedida a licencia municipal e o permiso do Bispado. Aproveitamos para poñer o espazo do altar con un pequeno balado de pedra e nin nivel máis elevado. Como aparecen algunhas pedras de bastante dimensión aproveitaremos para facer un pequeno monumento á Virxe e tamén dedicado ós devotos da Nosa Señora. Se nos da o alento, que non o sei, faremos o peche da finca e plantar algunhas árbores para comezar a axardinar o lugar.
O traballo é moito e moi costoso, so a explanación ronda os 7.000 €. Non están os tempos para moitas inversións, e como ben sabedes, este santuario nas romarías ten tamén moitos gastos, en concreto a de Pascuillas, coas carpas, son, aseos portátiles, lugar de primeiro auxilios, etc, ascenden  a moita cantidade. 
A campaña "Tes 10€?", é unha chamada á colaboración para axudar a sufragar os gastos desta obra. É un ben para todos os romerios da Franqueira, que pouco a pouco, e coa axuda de todos, imos logrando que as Romarías, con tanta xente, milleiros, poidan estra ben acomodados e celebrar a fe con serenidade e certa comodidade.

A colaboración dos 10€ que pedimos de axuda pódese facer na sacristía, ou a través da conta de A Banca, pero o número de conta téñeno que pedir ao santuario (info@afranqueira.org) 
Tomaremos nota do nome e apelidos dos donantes e lugar de residencia.
No monumentos axardinado que faremos á Virxe no Outeiro colocaremos unha pequena homenaxe ós donantes
Nas Misas que celebramos o día 8 de cada mes facemos un recordo especial polos benefactores do santuario, e os defuntos devotos.
Tamén poden solicitar un recibo para a declaración da renda

Esperamos que entre todos, que 10 € non son moito, poidamos lograr este pequeno paso no proyecto duns espazos para mellor servizo dos devotos e peregrinos.

Quedamos á túa disposición e damos as grazas de antemán

Xabier Alonso
A Franqueira

No hay comentarios:

Publicar un comentario