¿Non é estoutro o xaxún que eu quero? Romper as cadeas inxustas, deslear as sogas do xugo, mandar libres os oprimidos e romper todo xugo. ¿Non é acaso repartir o teu pan co famento e acoller na túa casa os pobres sen pobo? Cando vexas o espido, vísteo e non te escondas da túa propia carne. Entón esplandecerá a túa luz coma a alba e a carne nova da túa ferida brotará logo. (Is58, 6-7)
Hoxe é día de abstinencia, non comer carne. Sinxelo, podemos crer que superficial. Hai moitos anos as esixencias penitenciais eran severas e ríxidas. Cilicios, disciplinas e rigores que foron adulteradas polo comercio das bulas. Cando se mezcla o diñeiro coa piedade, mal asunto. Pero agora estamos, penso eu, no lado contrario en moitos aspectos. Chedamos a ridiculizar o pouco que nos queda, ou tal vez espiritualizandoo dun xeito minimalista. Pero somos homes e mulleres de carne e oso, de corporeidade, e o noso corpo terá que experimentar vivir en deserto, na lembranza de Xesús, que facendo novas as cousas, renovou tamén os xaxúns penitenciais e vivencias integrais.
Mira que che hai cousas das que xaxuar, e que non son doadas. Primeiro dispor a nosa cabeciña e o noso corazón.
Tomar unha comida sinxela, e o que gastaría no menú do día destinalo a caridade na esmola.
Xaxuar de leceres infructíferos, o tempo é valioso, cambiar estar sen facer nada por un pensamento san, unha lectura do Evanxeo ou un paseo sereno.
Desprenderme de caprichos: cafeciño innecesario, que non son baratos nalgúns lugares, do pitillo ou dos cigarros que me apetecen, dun refresco saturado de azúcares ou de bollerías industrais.
Buscar deste xeito unha saudable conducta.
Xaxuar de conversas que non levan a nada, de críticas violentas, de compartir desesperanzas e por unha ollada positiva.
Todos isto facelo desde a ollada de Cristo, que asume no seu corpo as debilidades e fraquezas para facelas súas e cargar coa cruz.
E, por último, propóñote anotarte ao XAXÚN DIXITAL. No enlace que tes ao final podes ver o seu fundamento. Xaxuar de móbil e TV, de computadoras que non sexa máis que para o traballo, evitar tempos perdidos se facer máis que estar pegados á pantalla. A que a alguén nonj lle resulta doado! pois adiante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario