domingo, 9 de marzo de 2025

NON NOS DEIXES CAER


NON NOS DEIXES CAER 

Desde o mércores estamos en modo coresma. Queda moito por diante, parentemente, pero como ben sabedes, o tempo fuxe que non o ves marchar. Por iso, estemos ben atentos desde o primeiro día. Neste domingo o Evanxeo nos relata as tentación s que supera Xesús no deserto, lugar inhóspito, no que pasa 40 días empurrado polo Espírito. Xesús é o modelo do que estamos chamados a vivir estes días: silencio, desapego, xaxún, oración... inaugura o sacramento coresmal. Pero nada sería posible en nós se non nos deixamos conducir polo Espírito. Xesús, o novo Adán, estase a preparar para facer a peregrinación da nova humanidade e entrar no xardín da resurrección. Xesús, o novo Moisés, conducirá ao novo Israel á terra prometida da liberdade na Pascua do Año inmolado. Xesús conduciranos á vida que non fina e el faise centro da nosa esperanza.

Hoxe Xesús é tentado. Tres veces recibe a visita do Satán, dinos Lucas, e tres veces remite á Palabra como resposta configuradora da súa vida: di a Escritura responde Xesús. Tres tentacións:
    Tes fame? converte as pedras en pan.
    Queres poder? dareiche os reinos se me adoras
    Queres éxito? tírale do tellado embaixo e será recollido polos anxos. 

Tres dimensións que configuran as relacións e que poden virse abaixo, que é o que pretende o tentador. Desestabilizando, reconducindo as relacións con un mesmo (o corpo e os desexos), cos demáis (o fama populista do espectáculo milagreiro barato) e con Deus (desterrado a un poder sin efecto). Pero Xesús ensina como loitar: desde a Palabra, facendo frente e non negociando co tentador, non pensarse capaz de superar por ser quen é, senón polo que temén está por vir, a salvación. Por isto o xaxún, a oraxción e a esmola, a tripla relación de nós que nos axuda a medrar de xeito pleno e equilibrado.

O tentador volverá noutra ocasión, di Lucas, porque as tebras non cesan de buscar as súas víctimas. 

Son tempo de superación, mirando na esperanza o camiño que nos queda por percorrer. Pidamos ao Señor que non nos deixes caer na tentación.

Nai de Misericordia, roga por nós

Feliz domingo

1 comentario:

  1. Aprovechemos este tiempo, passa rápido. Aprovechemos esta oportunidad... Para alcanzar la Vida

    ResponderEliminar