domingo, 2 de marzo de 2025

UN CORAZÓN QUE REBORDA SABEDORÍA

 


O domingo pasado, que non mandei comentario e polo que pido disculpas, remataba o texto de Xesús no ensino que realiza como novo mestre da Lei e presenza da sabedoría divina, pondo como fonte das nosas decisións no ámbito social: amor aos inimigos, rezar polos perseguidores, actitude pacífica ante a violencia, a mesma compaixón e caridade de Deus Pai, sede compasivos como o vos Pai é compasivo, remataba o evanxeo. 

Ante un reto coma este eu propoño unha pregunta sinxela, pois as dificultades que presentamos a vivir esta dinámica do amor non é doado. Símplemente que nos preguntemos: e, por que non? 

Hoxe, seguindo neste ensino de Xesús, diríxese aos discípulos, un grupo máis inmediato. Xesús lembra no seu falar aos sabios que recolle o Antigo Testamento, que en pequenas frases recordan a sabedoría do pobo, o que nos fai lembrar ese "Sensus fidelium", esa sabedoría que rebusca no corazón, como o "pai que saca da arca o vello e o novo" e que fai compartir o vieiro polo que debe transcurrir a vida das persoas. escoitamos de Xesús "un cego non pode guiar a outro ceo, pois caerán na fochanca" "o discípulo non pode ser máis que o seu mestre" "non podes sacar o lixo do ollo do irmán cando tes unha trabe no teu", "a árbore boa da froitos bos... non podes sacar figos dos toxos"... como sabe a pobo sabio, como gusta de escoitar estas verbas sinxelas que non son slogáns publicitarios, senón lumieiras no peregrinar da vida. E finaliza "do que reborda o corazón fala a boca"

Ben. Permitídeme unha pequena reflexión. Xesús convidounos a vivir dun xeito determinado que busca o seu núcleo no corazón compasivo e misericordioso do Pai. Hoxe, segue a dedicarnos este ensino desde a mesma clave no xeito de facermos da vida un proxecto. Se na vida caritativa e social que nos propuña o domingo pasado a fonte é o corazón, hoxe tamén. A fala de Xesús é o que reborda do Corazón de Deus. Xesús convina á perfección a palabra que Deus dirixe ao seu pobo, que é o mesmo Xesús, Palabra feita carne, coa palabra feita pobo que se realiza na comunidade crente que vai escrutando os signos da presenza de Deus. Xesús expón ante nós, coa súa palabra e os seus feitos, a Palabra e descubre a mesma Palabra de Deus nos feitos e nas verbas do pobo. As parábolas son o exercicio da sabedoría que emana do pobo, entendendo este termo non nun senso secundario, senón no lugar onde se manifesta a acción de Deus, o pobo de Deus. Deste xeito compréndense moitas parábolas xestuais que aos longo dos tempos veñen de representar nas distitas culturas e tradicións un senso espiritual e trascendente. Os símbolos universais que nos remiten á búqueda do home do sentido da vida e do seu destino e que recollen esa acción do Espírito que está no corazón de todas as persoas. Aprendamos de Xesús a descubrirmos coma el a sabedoría, a palabra, o sensus fidei que se garda no escondido de toda persoa humana chamada a atoparse co Pai compasivo e Misericordioso. Aprendamos a fecrmos lectura dos signos dos tempos, a historia da realidade e da condición humanna.

Sigamos a rezar pola saúde do papa Francisco

Feliz domingo a todos


No hay comentarios:

Publicar un comentario