jueves, 5 de septiembre de 2019

HOXE. COMEZO DO TRÍDUO (7º día da novena)

Benqueridos amigos e amigas, xa imos paseniñamente achegándonos ao día 8. Falta moi pouquiño. Hoxe imos comezar o tríduo no que teremos connosco ao P. Abel, un xove sacerdote da Congregacion do Corazón de María, coñecidos como Claretianos, e que teñen a súa parroquia en Vigo, moi preto da Praza de España. O P. Abel é un dinámico e de intensa vitalidade pastoral. Damos as grazas por este servizo que realizará. Os PP Claretianos desenvolven a súa misión no anuncio do Evanxeo, e na nosa parroquia xa estiveron predicando unha Misión popular no ano 1954 con motivo do Ano Mariano. Xa choveu.
Hoxe imos rezar polas vocacións. Comezaremos ás 8 da tarde coa Exposición do Santísimo e o rezo do Rosario, e seguiremos coa novena e Misa.
Unidos na pregaria.

Xabier Alonso

ALEGRANOS NOS TEU AMOR (6º día da novena)

Pedimos aos Señor por medio de María contemplando as nupcias de Caná: alégranos no teu amor. Pois os cálculos daqueles recén casados non foron ben medidos, faltou o viño. Que apuro!
Canta veces os nosos cálculos quedan raquíticos ante a posibilidade de facer chegar a todos a ledicia do Reino, pero sen o Señor, non podemos. El transforma as nosas cativas posibilidades e fai que a auga, signo de purificación, de entrada na vida de Deus, cambien nos esponsales da alianza de amor do Señor, no viño da Nova Alianza.
e María?, pois como todas as nais sabendo ela moi ben o que tiña que facer. Unhas palabras foron suficientes, para que a impulso do seu coraón comenzasen os signos da presencia do seu Fillo.
Unha palabra de María Face o que Xesús vos diga, é suficiente para que comece xa en nós a forza renovadora do amor de Deus.

Xabier Alonso

martes, 3 de septiembre de 2019

ALEGRÍA NO FOGAR (5º día da novena)

Un meniño correndo de esquina en esquina, rindo e deixando que a fragancia da tenrura desborde polas portas e fiestras. María rí, Xosé non para de facer o posible para que neno non tropece nos mobles. E o neno medra e faise un adolescente. Saen en peregrinación e vai, non o atopan entre os seus, voltan ao templo e alí, e no medio dos doutores deixándoos coa boca aberta.
E María, ante a resposat do seu fillo garda e medita no seu corazón. A sabedoría que ela presenta ao mundo está a anticipar o que se manifestará en toda a súa plenitude.
O fogar, lugar de alegría e sabedoría, de escoita e palabra.

Xabier Alonso

lunes, 2 de septiembre de 2019

POR FIN (4º día da novena)

Chegar ao final é un motivo de gozo. Simeón e Ana estaban á espera da luz das xentes e gloria de Israel. Dous velliños, que con serenidade e ilusión non deixaron de confiar. O templo de Xeusalén converteuse nunha marea de risos, gargalladas, bágoas de ledicia, abrazos de satisfacción. Agora, os xeonllos trementes están anclados dando seguridade como a áncora dun buque. As mans artrósicas saben soster no colo ao meniño nado na miseria. Os ouvidos son abertos para escoitar co balbor dun choro de infante a Palabra creadora dunha nova xeira. Todo se renova e fai que agora os dous anciáns se convertan en testemuñas da vida.
Hoxe lembramos na pregaria ante a Nosa Naiciña aos anciáns. Pomos diante dela as verbas de homes e mulleres anceiantes de luz no camiño da vida.

Xabier Alonso
02-09-2019

domingo, 1 de septiembre de 2019


ALEGRÍA DO CEO E PAZ NA TERRA (3º día da novena)

Esta madrugada un bo grupo de mozos e mozas chegamos a tocar o ceo, pois ascendemos ata o Coto da Vella naXI pererinación da mocidade. Unha vez máis María  achegounos a Xesús. Con ela fomos facendo o camiño da fe, da amistade e da alianza co Señor. Unha camiñata de máis de 10 kilómetros que se converten en 10 oporunidades para a ledicia: entusiasmo, esforzo, comuñón, compañerismo, presenza, cansanzo, satisfacción, silencio, escoita, chegada.

Hoxe, dedicamos este domingo aos enfermos e a Pastoral da Saúde. Cada día, ao longo do ano, moitos poñen a súa pregaria diante da Virxe pedindo a saúde. Non é unha petición sen máis, é a súplica con nomes, historias e sofrimentos. E ela responde, dándonos a Xesús, saúde, salvación. Quen se fai, non so solidario coa dor das persoas, senón que a fai súa e a recompón en lugar de salvación, de sanación, en espazo vital no que se nos da unha palabra de esperanza. 

Un grupo de voluntarios acompañarán toda a xornada para explicar aos peregrinos a misión dos equipos de pastoral da saúde nas parroquias e nos hospitais.

tamén daremos a coñecer o percorrido das Reliquias de santa Bernardette desde Lourdes e que en proxima datas (do 15 ao 17 de setembro) estarán na nosa diocese.

No texto da novena escoitamos a voz dos anxos anunciarlle aos pastores o nacemento da saúde do mundo, da humanidade cansada e enferma polo pecado, na que un neno nado na miseria ven cambiar o rostro da nosa comunidade. 

Onte á tardiña os nenos e nenas que estiveron na novena e participaron deste día, foron para todos motivo de ledicia e de recuperarmos ese desexo de ser como eles. 

Gloria do Ceo, paz na terra aos homes de boa vontade. Abre a vida a ledicia da tenrura dun neno que ven salvarnos

Xabier Alonso