domingo, 1 de septiembre de 2019

ALEGRÍA DO CEO E PAZ NA TERRA (3º día da novena)

Esta madrugada un bo grupo de mozos e mozas chegamos a tocar o ceo, pois ascendemos ata o Coto da Vella naXI pererinación da mocidade. Unha vez máis María  achegounos a Xesús. Con ela fomos facendo o camiño da fe, da amistade e da alianza co Señor. Unha camiñata de máis de 10 kilómetros que se converten en 10 oporunidades para a ledicia: entusiasmo, esforzo, comuñón, compañerismo, presenza, cansanzo, satisfacción, silencio, escoita, chegada.

Hoxe, dedicamos este domingo aos enfermos e a Pastoral da Saúde. Cada día, ao longo do ano, moitos poñen a súa pregaria diante da Virxe pedindo a saúde. Non é unha petición sen máis, é a súplica con nomes, historias e sofrimentos. E ela responde, dándonos a Xesús, saúde, salvación. Quen se fai, non so solidario coa dor das persoas, senón que a fai súa e a recompón en lugar de salvación, de sanación, en espazo vital no que se nos da unha palabra de esperanza. 

Un grupo de voluntarios acompañarán toda a xornada para explicar aos peregrinos a misión dos equipos de pastoral da saúde nas parroquias e nos hospitais.

tamén daremos a coñecer o percorrido das Reliquias de santa Bernardette desde Lourdes e que en proxima datas (do 15 ao 17 de setembro) estarán na nosa diocese.

No texto da novena escoitamos a voz dos anxos anunciarlle aos pastores o nacemento da saúde do mundo, da humanidade cansada e enferma polo pecado, na que un neno nado na miseria ven cambiar o rostro da nosa comunidade. 

Onte á tardiña os nenos e nenas que estiveron na novena e participaron deste día, foron para todos motivo de ledicia e de recuperarmos ese desexo de ser como eles. 

Gloria do Ceo, paz na terra aos homes de boa vontade. Abre a vida a ledicia da tenrura dun neno que ven salvarnos

Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario