Unha enchenta de felicidade poder escoitar o saúdo de María. Si, hoxe, ela ven a nós e tráenos a presenza do seu Fillo. Enxendrado no seu ventre, movendo á súa Nai para levar a caridade ao fogar de Sabela e Zacarías. Hoxe, María, pronuncia o noso nome e ven visitarnos. Necesitamos sentirmos unha vitalidade renovadora, un alento de esperanza, unha ledicia que salta ata o ceo. Desdo o interior do seu ventre ata os cumes do Altísimo.
E nós respondemos como Sabela, Bendita tí por terdes crido. Bendita María pola túa fe, que está a chamada a ser a nosa. Bendita tí por sacarnos do letargo, da tristura, do desalento, do cansanzo e falarnos da vida nova que se presenta ante o mundo.
Bendita ti, benditos nós, por termos acollido esta fe. Bendito sexa o Señor.
E María proclama as marabillas do Señor, canta as loanzas poñendo nos seus beizos un canto agradecido, levantando no nome de cada ser humillado que Deus ergue da lama ao popbre, da fartura ao famento, dignidade ao que está na fonchanca da miseria do pecado.
Benaventurada, feliz, ditosa, María, por terdes crido
Xabier Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario