viernes, 30 de agosto de 2019

ALÉGRATE MARÍA (1º día da novena)

María, fonte de alegría é o lema que conducirá a novena de preparación á Romaría da Franqueira.
É a primiera verba que escoita María no silencio do seu corazón, na intimidade do encontro, na profundidade do ser: alégrate. Non é un imperativo de mandato, senon, tí, que está preparada para vivir o pleno gozo, que es a chea de Graza, alégrate, pois chegou o teu momento. Está aquí o que Deus estaba a esperar desde séculos, o que a creación estaba anceiar, o que a humanidade necesitaba escoitar. Alégrate, porque hoxe é a túa hora, é o teu momento de dar a resposta. Alégrate pois o eterno fixou en tí a súa ollada. Alégrate porque hoxe está para ti, disposto todo para o amor. Alégrate, porque a vida chega á plenitude. Alégrate porque o que non esperabas que ía acontecer en ti é o desexo de Deus. 
Por isto, querido amigo e amiga, como a María tamén che digo, alégrate porque chega a hora da salvación, da vida que se fai presnete, que espera de ti a resposta, que desexa o pai escoitar o si do teu amor. Alégrate porque a palabra está preparada para entrar no teu corazón, o Espírito disposto para facela madurar, o corazón aberto para a medra do Reino.
Alégrate María, e contigo alegrámonos todos

Xabier Alonso


No hay comentarios:

Publicar un comentario