domingo, 16 de enero de 2022

O CASAMENTO

E todo empezou nunha voda. Así é como no-lo describe o evanxeo de Xoán. Daquela, casarse tiña unha ristra de procesos longos e tempos pausado. Será por iso que non andaban ás presas como agora, que a xente ten unha ansia por convivir e estar xuntos na casa coa pobreza de non facer partícipes aos demáis nese "ritualismo" comunitario. Nos tempo de Xesús as vodas comezaban cos desposorios un ano antes. O compromiso de casar mpicaba xa a decisión firme e levaba a vivir como casados ainda que sen convivir. Asumían deste xeito os compromisos maritais e era probados. Pasara no caso de Xosé e María, estaban desposados e non vivían xuntos. Xa eran case matrimonio. Logo dun ano celebrábase o casamento. Duraban entre 3 e 7 días segundo as posibilidades das familias. Non é de extrañar logo que chegase a faltar o viño como nos di o evanxelista. A este casamento é convidada María, e tamén Xesús e os seus discípulos. Neste orde, que é moi importante. Por iso a queixa de Xesús á súa nai, "que teño que ver contigo" como, a este banquete fuches ti invitada. 

Pero pasemos ao que nos interesa. Primeiro que María, como os demáis convidados, necesitan que todo saia ben. Sabedes que o que lle pase aos amigos tamén nos afecta para ben ou para mal. Menudo disgusto, non so para os recén casados, senón para todos, que non houbese viño, sería a faladuría dun ano no pobo. Pero ademáis, porque todos somos partícipes na ledicia dos outros. Que desexa algo ruín a un veciño non merece o nome de amigo, non sei se de veciño. Pero tamén está a facer María o seu papel de Nai e de inicio de Igrexa. Preocupada polo ben de todos, velando para que a ninguén lle falte de nada, desexando que as persoas sexan felices, querendo que a comuñón e unidade se manifesten no signo da alegría compartida, achégase discretamente, sen protagonismos ao seu Fillo. Non so iso, pon os medios, axuda a abrir camiños. Indicando aos servintes "facede o que Xesús vos diga" provoca unha apertura a novidade do Reino. A auga derramada nas tinas, 600 litros, é abrirse á sobreabundancia da graza. Non nos quedemos cortos, teñamos ollada aberta, longa, abrindo procesos como nos di o papa, dispondo a que Deus actúa e facendo o que é extraño aos ollos dos demáis. 

Así comeza a revelación do Señor cunha voda. Adentrarse nos misterios do Reino é:
Ser convidados.
Participar dos procesos persoais de xeito comunitario.
Aportar o mellor de nós mesmos.
Abrirse á graza de Deus.
Disporse no labor.
Ser discretos.
Medrar na fe.
Compartir o que somos.
Que a ninguén lle falte do necesario para ser feliz
Estar dispostos á comuñón e á unidade
Non ter medo e arriscar.
A vida é unha festa non a amargues

Benqueridos irmáns vivamos a nosa fe coa ledicia de sermos convidados a un banquete do casamento. O viño novo está disposto na mesa do altar.

Feliz domingo
Xabier Alonso

jueves, 6 de enero de 2022

REGALO


Este día está cheo de risos e carreiras polos corredores dos fogares. Noite en vela, que ao fin vece o sono, e quedan os ollos abertos ao tropezarse coa sorpresa agarimosa de recibir. 
Hoxe son os cativos os protagonistas das familias, e poñen unha nota sinxela de agradecemento e ledicia.
Comparto convosco frases soltas, como pingas que esbaran, ata chegar a nós:

1.- Recibir un agasallo non é un mérito, nin unha recomendación, nace da gratuidade da vida.
2.- Os regalos ben envoltos gardan segredos que compartir.
3.- Non esperes a moi tarde para agradecer o agasallo da vida, o regalo máis importante.
4.- Non te deixes consumir polo consumo
5.- Para dar as grazas mira aos ollos.
6.- Hai un regalo que non costa cartos: o tempo, non so de cantidade,senón tamén de calidade. Pasemos tempo xuntos.
7.- Dálle saúde aos teus e comparte ledicia a esgalla
8.- Non estragues, recicla, reutiliza, aproveita. Moito papel e plástico enchen os contenedores
9.- Non recollas aínda o Belén, dálle unha ollada, senta ao seu carón, abraza aos teus, canta a última canción.
10.- Mira ao ollos do Neno Deus e dálle un bico. Grazas Señor por  tantas grazas.

Feliz día

Xabier Alonso