Estamos xa case no centro da coresma. esta semana terceira xa nos sitúa nunha clave de conversión persoal e comunitaria.
Na primeira lectura escoitamos a chamada de Deus a Moisés. O Señor manifñestase na silveira arcente e proclama os fondos sentimentos de compaixón. "teño visto a poresión do meu pobo, teño escoitado as súas queixas". E Deus da un paso adiante de liberación. Faino a través do envío de Moisés a liderar a saída de Exipto.
Deus non permanece ausente, nin indiferente ante o drama da humanidade consecunecia de actitudes escravizantes. Onde está Deus? Preguntan moitos. Deus está a padecer co seu pobo e precisa de que vexa e escoite a chamada a través de quen nos da a libertade, Cristo.
O evanxeo deste día resulta moi chamativo polo contexto. O probblema que nos plantexa é a imaxe que proxectamos de Deus. Uns incidentes, a morte violenta duns oferentes no templo e o derrube dunha torre na que falecen 18 persoas, fai que pregunten a Xesús sobre do asunto. Non é a causa o pecado, pero si a razón que pode mover a vivir no arrepentimento. Pois nos fai ver a nosa vulnerabilidade, a nosa fraxilidade, os nosos medos... e se non nos convertemos a Deus, ao seu amor, ao agradecemento e a gratuidade, pereceremos igual, non nos feitos, senón na desesperación do vacío e do incomprensible.
Este ensino es complementado coa parábola da figueira que non da froito. O viñateiro, que a coida, pide unha nova oportunidade, un ano maís para ver se da froitos.
Todos nós somos conscientes do que supuso o COVID hai 5 anos. Van pasando os tempos e vanse quedando as lembranzas de forma tenue en que nos obrigaba a facer novos plantexamentos da nosa vida. Recoñecimos a nosa fraxilidade persoal e comunitaria, estamos a ver a malicia de quen se aproveitou da dor para sacar proveito económico, polarizáronse as posturas políticas e sociais. Polo que unha traxedia como esta, que froito deu? Pois logo, se non somos quen de aprender e dar froito non poñamos a Deus como causante, como fan algúns, senón que nos convirtamos do pecado da indiferencia, do desamor. A nosa vulnerabilidade debe clamar o agradecemento polos coidados do noso viñateiro. Coidados de arrincar as malas herbas, o que nos afoga a palabra, o afaán de riquezas e poder, os coidados de darnos a auga fresca da graza da misericordia, os coidados de alimentarnos cada día coa súa chamada na palabra e nos sacramentos, de podarnos para fortecernos, de protexernos ... o Señor coida de nós e espera que deamos froito.
Feliz domingo e sigamos a rezar polo noso papa, que como ben sabedes hoxe recibe a alta para trasladarse a residencia Santa Marta. Demos grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario