miércoles, 5 de marzo de 2025

CORESMA: MIRADA DE MISERICORDIA. MANS PARA A ESPERANZA

 

MIRADA DE MISERICORDIA

MANS PARA A ESPERANZA

 A coresma impulsa nos crentes unha conversión integral.

Na oración entramos en comuñón con Deus, diálogo de fillos e fillas a quen nos acompaña co amor. Miramos a Deus cos ollos da filiación e sabémonos mirados polo corazón de Pai e as entrañas de nai.

Na penitencia (xaxún e abstinencia en todos os sentidos) renunciando voluntariamente, conformamos a nosa vontade, afectos, e potenciamos a virtude. Deste xeito entramos en comuñón con nós mesmos e sabemos mirar aos irmáns cos ollos da fraternidade.

Na esmola facemos da nosa vida un camiño de comuñón cos irmáns que sofren. A esmola é expresión do ben común e da solidariedade. Miramos aos irmáns que viven situacións de pobreza cos ollos da caridade fraterna, o mundo cos ollos do Reino de Deus.

 Neste xubileo estamos convidados a participar nun dobre proxecto:

 Coñecer a realidade da trata de persoas. Sabemos que é a escravitude do noso século.

 Colaborar co CAD, Centro de Atención de Día de Cáritas Diocesana na que se coidan integralmente a un grupo de menores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario