SAN MARTIÑO DE DUMIO
No día 20 de marzo celebra a Igrexa en Galicia a un dos santos que maracaron fondamente a historia da fe da nosa terra. San Martiño de Dumio, mosteiro fundado por el en Portugal e arcebispo de Braga, naceu en Panonia, a actual Hungría no ano 510. Un home en busca de respostas decide peregrinar as fontes da fe a Terra Santa. Alí pasa varios anos, estudan grego, o que lle permite coñecer e, posteriormente, traducir aos pais do deserto exipcios e a tradición monacal. Tamén estuda aos filósofos, especialmente Aristóteles, Cicerón e Séneca. Percorre os lugares santos e, logo encamiña os seus pasos cara Roma. Unha intensa experiencia de fe renovada. Regresa as Galias e percorre o sur xunto dos suevos, guiado tamén do exemplo de San Martiño de Tours. Deste santo portará as reliquias para a sanación do fillo do rei suevo. Establécese en Dumio, onde funda un mosteiro, logo será arcebispo de Braga. Escribe obras de gran calado doctrinal e propicia a conversión dos suevos do arrianismo ao catolicismo. Convoca o Conilio de Braga e dará pe a que se convoque o de Toledo. Morreo no ano 582.
Quixera destacar algúns aspectos importantes de actualidade:
Monxe: a fondura do seu pensamento nace do estudo e da oración. A súa influencia na fundación de mosteiros é extensa, crendose que da súa man son froito algúns na nosa diocese, entre eles o da Franqueira.
Ensino: traduce obras de gran importancia, fai espallar o pensamento filosófico e publica o primeiro catecismo de Galicia, no que vai en contra das supersticións. Podemos aprender que os cultos antigos non so se cistianizan coa imposción, senón que deberemos ver nos ritos, xestos, lugares, un anticipo pedagóxico da verdade revelada que trae Xesús, o Fillo de Deus, encarnado e entregado na cruz pola nosa redención, resucitado e que nos amosa o camiño do Reino facéndonos partícipes del polos sacramentos.
Evanxelizador: non é un home estático, parado, senón en camiño, creativo. A fundación dos mosteiros que poboaron a nosa terra é o xeito de crear comunidades vivas que chegan a todos os recunchos, levando a fe e a cultura.
Conversión: será o que faga posible que os suevos abandonen o arrianismo, herexía que fora discutida e desterrada no Concilio de Nicea do que celebramos este ano os 1700 anos. O arrianismo é a negación da da natureza divina de Xesús, polo tanto, que non é igual a Deus e rompe a fe trinitaria. Segue a ter un "resquicio" en reducir a Xesús nun personaxe histórico, bo mestre, que moreu polo Reino, que seguimos a súa moral e intentamos vivir conferme nos ensina. Fronte a isto necesitamos seguir a proclamar que Cristo Xesús é o Fillo encarnado, Deus, segunda persoa, feito en todo coma nós menos no pecado e que resucitado vive.
Da nosa terra. Cando lemos o concilio de Braga (570) atopamos e descubrimos a importancia e extensión, desenrolo da nosa diocese de Tui. Nomes de comunidades cristiás, parroquias configuaradas e organizadas que dan seña a riqueza espiritual da nosa terra.
Martño de Dumio, santo evanxelizador, fainos apaixoados do evanxeo, Convértenos a Cristo e danos entusiasmo para ser homes e mulleres de adoración e evanxelización.
Qué interesante! Gracias por enseñarnos tanto de nuestros antepasados
ResponderEliminar