lunes, 15 de agosto de 2022

ASUNCIÓN


 Posiblemente sexa este día o que máis festas hai ao longo da xeografía. Coinciden as vacacións de verán coa Pascua de María. Unha celebración chea de ledicia e cun desexo fondo de queremos felicitar á Nai de Deus. 

Todos temos asistido nalgunha ocasión a unha homenaxe. A persoa a quen lle facemos un agasallo, pómoslle unha placa, ou faise unha cea con discursos ensalzando o bo facer. Todos vemos os premois que se dan a unha vida entregada, os Nobel, que poñen na primiera plana a homes e mulleres entregados a unha causa, creativa ou científica; vemos os premios Princesa de Asturias e nos congratulamos nas felicitacións.

A María, tan lonxe no tempo e tan nosa na experiencia, non somos nós quen tomamos a inciativa de ensalzala, senón o mesmo Deus. Poderiamos por os mellores mantos, sacar as xoias, dedicar grandes motetes e cantos, poemas e salmos de gloria, e o facemos con todo o noso cariño, pero nós so seguimos o que Deus xa realizou en plenitude. Ela foi elevada ao máis alto, ensalzada polo mesmo Señor e Dono da vida, resucitada e partícipe da gloria no ceo. Pero o máis apaixoante, non é que nós queiramos facer o mesmo camiño por imitación, senón que deixemos como María, pondo o mellor de nós mesmos, que Deus faga en nós, como Igrexa, o camiño e o proxecto de gloria e vida ao que nos ten chamado.

O que se humilla será elevado... e iso consegue María sendo sinxela e humilde.
E nós, como ela xa anunciou, proclmámola ditosa, benaventurada, feliz... e iso somos nós chamados a vivilo. 

Moitas felicidades
Xabier Alonso

domingo, 14 de agosto de 2022

HE VENIDO A TRAER DIVISIÓN

 


Cuando nace Jesús el mundo conocido vive una época de paz. La conocida pax romana fue un largo período de prosperidad del imperio, desde el año 29 antes de Cristo y hasta finales del siglo II. Un tiempo en el que no hubo luchas armadas internas, ni guerras civiles, ni grandes conflictos con otros pueblos. Pero, a pesar de que el emperador Augusto había cerrado la puerta del templo de Jano, dios de la guerra, existían claras actitudes que irían en contra de una situación realmente pacífica. Por ejemplo, en el año 70, Roma destruye Jerusalén, y con ella su templo, llevando consigo todos sus tesoros. Dentro de toda la magnitud del imperio no dejaba de ser un hecho puntual. Por eso de la pax podemos decir que tenía cierta relatividad. Vemos que era la pax impuesta y que favorecía además la imposición de un estilo de vida, el comercio y la lex romana. Pax acompañada de progreso, evidentemente dentro del marco de intervención, también militar de Roma.

Esta paz es la que nosotros podemos estar reclamando en un mundo que no vive en un abierto conflicto mundial de forma bélica. No estamos en situación de clara guerra como sucedió en la 1ª o 2ª guerra mundial. Pero, en un mundo global y al mismo tiempo fragmentado, vemos con estupor como se cumple lo dicho hace años por el papa Francisco "asistimos a una 3ª guerra en fragmentos". La globalización hace que las situaciones de conflicto internacional tiene consecuencias mundiales: comercio, desestabilidad económica y política, inseguridad, que trae consigo una narrativa de miedo y fragilidad que provoca dos consecuencias: evadirse y dejarse llevar por la indiferencia o encerrarse en el castillo de poder. Una narrativa que muchas veces no va al trasfondo de la realidad, sino que se queda en la historia individual que pretende emocionar, pero no convertir. Hemos pasado del impulso emotivo ante la huida de ucranianos y con iniciativas de rescate a una ausencia del rostro de las víctimas en este conflicto.

Jesús proclama "he venido a traer fuego" "vengo a traer división" y esto no nos deja indiferentes. El es el motivo, su palabra y acción, su decisión de que Dios mismo irrumpe en la realidad y la condición humana, no puede dejarnos como si nada sucediese, ni nada cambiase. Así, el Jesús profeta, que denuncia con el amor y el perdón la violencia del hombre trae división, pues provoca en el corazón delas personas la evidencia de que estamos lejos de lo auténticamente humano. Cuando Jesús es provocativo con su palabra y su acción, cercano a los quienes los hombres desprecian, compasivo con los que son juzgados pecadores, misericordioso con los que no cuentan, y rescata a las personas de su dolor haciéndoles experimentar el amor de Dios, está haciendo que el mundo arda en el Espíritu de Dios, en su amor. Acoger a Jesús es aceptar a quien nos recibe. Hacer nuestro a Jesús es duro, pues evidencia nuestras incoherencias y saca a luz nuestra fragilidad y nos abre al reto de esperar contra toda esperanza. 

En el camino del discipulado no es fácil decir sí a Jesús, pero contamos con su gracia, con su amor. Necesitamos reconocer las fragilidades de nuestras divisiones para que, desde el reconocimiento, caminemos hacia la unidad que nace en el misterio pascual.

Feliz domingo 

domingo, 7 de agosto de 2022

DECIR SI DESDE LA LIBERTAD


 Si el domingo pasado, Jesús nos prevenía para que no cayésemos en la codicia, descrita por San pablo como una idolatría, hoy, el Señor, a través de diversas parábolas nos invita a pasar a la otra orilla, o amanecer a un nuevo día de esperanza con la libertad de la generosidad. Lo que nos esclaviza envuelva el corazón en la noche del vacío y la limitación de no alcanzar nunca los deseos insaciables que se instalan en él, lo que nos libera provoca la entrega de nuestra propia vida, condicionar el futuro a lo imprevisible de estar a disposición de los demás, descubrir el tesoro en el amor que no se agota. 

Nos invita Jesús a estar en vigilia, preparados, dispuestos, atentos, a saber dar respuesta de nuestra fe, como diría San Pedro, a todo el que nos la pida. Y es que el que está en labor constante y diario, no está programado para realizar lo que se le pide, sino también de sacar lo mejor de si mismo cuando se necesita. No valen las escusas de yo no se, yo no valgo, yo no puedo, yo no... esto es anular todo posible avance, y va en contra de la esperanza. Lo sorprendente es que, sin saberlo, el Señor viene a ponerse a disposición del servidor, se cambian los papeles en la libertad del Dios que se hace ofrenda, se sitúa en el segundo plano, mira desde abajo, da de comer y cuida de los suyos.

Hoy nos unimos a todas las personas que procesionan alumbrando al Santísimo Cristo de la Victoria de Vigo. Procesionar es caminar, hacerlo juntos, siguiendo al Señor; alumbrar es caminar llevando luz, amor y alegría. 

Feliz domingo

jueves, 4 de agosto de 2022

PERDOADOS NO AMOR


 Necesitamos espazos de encontro, escoita, acollida, comprensión e perdón. E isto é o que desexo cada día que poida ser as nosas parroquias e o santuario da Virxe María. Por esta razón, hai dez anos, o noso pequeno recuncho do mundo, este antigo santuario da Franqueira ten unha ollada ampla e universal. A Penitenciaría Apostólica concedeu o 24 de abril de 2012 o Vínculo Espiritual coa Basílica papal de Santa María a Maior de Roma. Deste xeito, os peregrinos e devotos da Franqueira poden vivir en determinadas datas o gozo da Indulxencia Plenaria. Neste día, en que se celebra a Festividade da Dedicación da devandita basílica, coñecida a súa festa como a Virxe das Neves, estamos unidos a través da celebración gozosa da Reconciliación e a Eucaristía. 

De qué me teño que confesar? Eu xa me confeso con Deus. Eu non teño pecado. Non necesito contarlle os meus pecados a un home como eu. Son frases ben coñecidas por todos e que miñaron de tal xeito a nosa cotianidade que fomos facendo do Sacramento un extraño patíbulo no que colocamos con anguria os nosos pesares e defectos e nos flaxelamos impetrando perdón ao xuiz. Lonxe de tal. Antes de nos adentrar no agobio de sabermos que rompemos os vínculos de amor con Deus, cos irmáns e coa creación, Deus xa está ña nosa espera. Antes de esbozar un lamento por sentir o silencio da nosa perda interio, xa o Pai Bo está susurrando un "Quérote". Antes de manchar as nosas mans de violencia e rexeitar o camiño de encontro humano, xa o facedor do ben está a abrir as súas mans para abrazarnos na paz. 

O sacramanto da Reconciliación, do Perdón, da Penitencia, da Confesión... pois mira que ten nomes e ben bonitos... da Paz... ten o centro na Misericordia, no Corazón entrañable e maternal do noso Deus. El non cansa de nos perdoar, non agota a súa piedade connosco, non alonxa o seu corazón dos seus fillos. 

Por qué logo teño que confesar? Porque o Corpo de Cristo, a Igrexa, dóese de que os fillos estean tristes, de que os seus membros estean doentes e o Bo Samaritano quere sandalos co consolo e a paz. Falar do corazón non so é terapéutico, senón que a acción do Espírito Santo é provocativo, provoca en nós un efecto saudable. O Misterio do seu amor adéntrase de tal xeito en nós que nos fai recuperar a beleza e a frescura do amor primeiro, a vitalidade de quen se abre a esperanza. Porque necesitamos celebrar en comunidade que somos fráxiles, vulnerables, débiles, ante un mundo prepotente que se pensa ser os mellores para dicirlles co testemuño da reconciliación que sen El non podemos nada e que todo somos en El.

Vémonos no altar do perdón irmáns.

VOULLE PRANTAR LUME A TÚA CASA


 "Voulle prantar lume a túa casa"
Imaxina por un intre que estas verbas ameazantes foran para ti. Rápidamente, sen pensalo, estaría cheo de medo e buscando o xeito de que nada das túas pertenzas sufriran dano. Saerían dunha boca cargada de odio e violencia e sentiríaste ameazado e medoñento. 
Hoxe, centos de hectáreas de monte, e moitas propiedades, xa sufriron a violencia do lume. Este ladrón que non deixa nada e que arremete con furia contra todo. Levamos un verán cunha temperaturas fora do normal, pero cunha falta de conciencia que resulta desmoralizador. Apagar os lumes desta tempada fumegueira son millóns de euros de gastos, que ben poderían ser revertidos nunha lexislación máis axeitada de coidado do mundo rural. Un rural que non so é esquecido e abandoado, senón que o urbanita, con todos os repectos, está amparado baixo unha bóveda de protección que o aílla de tantos problemas da natureza. Pasa a ser consumista de lecer no entorno natural e ecolóxico e volve ao seu fogar de consumo no que o que pase nos montes moitas veces nin se entera. Por certo, quero engadir, que non estaría de máis que algúns camiñantes que veñen á aldea teñen ollo do que deixan tirado, e que nesta situación de alerta busquen outros roteiros alternativos. 
Seguindo co título escollido quero dicir, que hai quen está a prantarlle lume ao noso fogar. O monte non é so unha fonte de recursos, é a identidade da nosa terra, o que nos configura e dános o feito do que somos. A casa común que está a desaparecer despois de tantos esforzo da veciñanza por sacar adiante un lugar no que vivimos e que é doado, somos administradores dun tesouro que vai medrando por si mesmo, e nos agasalla cada día co frescor, coa forza que sae das entrañas da terra e fai abrollar veas de auga que, desde as nosas terras chega ás billas dos fogares. Unha terra na que erraízan os carballos e castiñeiros, os bidueiros e os amieiros, unha montaña que nos fala de forza da pedra e da fraxilidade da herba. É a nosa casa, a que nos veu nacer e a terra na que están eterrados os nosos. A terra que sacou adiante aos fillos famentos dos labregos e gandeiros, que fixo das ponlas grosas o cerne das tarbes dos tellados e os pisos dos fogares, que queceu a lareira e co seu toxo e os seus fenteiros estrumou as cortes do gando. A terra do sacrificio e do lecer, do traballo duro e da festa na carballeira, no outeiro que bate o vento e o neboeiro que da frescor no amencer quecido. A terra, é a terra, que do verde esperanzador vóltase negro do loito, duro e tristeiro. 
Non esquezas de onde ves para saber a onde poderás chegar.
Esta é a nosa casa, onde fomos criados e onde seremos soterrados. Non é tempo de morte, non é tempo de loito, é tempo de erguer a ollada e pedirlle ao ceo: chora. Chora connosco bágoas de esperanza, e pide que chova, que o ceo chore para nacer de novo a vida.

Xabier Alonso



domingo, 31 de julio de 2022

A COMER, BEBER E ¡A VIVIR!


Xesús ponnos unha vez máis ante as decisións máis importantes que comprometen o destino das nosas vidas. Se ao inicio do seu ministerio proclama como primiera benaventuranza "felices os pobres", non é de extrañar que o seu ensino sega unha liña narrativa coherente. 

A parábola do home que ten unha boa colleita e pensa de forma raquítica no seu futuro cunha simple frase "a comer, a beber e a ¡vivir!" non está lonxe da corta mirada que hoxe se nos impón. Todo esforzo, traballo, dedicación ou resultado é froito das capacidades e dos labores persoais, e, cunha desmesurada "xenerosidade", o sistema ofréceche a compensación merecida e a oferta de doisfruta dos bes porque "son dous días". Este cortoplacismo frainos vivir na inmediatez e na búsqueda de satisfaccións que comprenden o progreso como un continuo enriquecemento, non so material, senón tamén en servizos que teñen o beneficio e o placer xcomo bens supremos. 

A pandemia foi unha oportunidade, considero que a estamos a perder, de reconducir as nosas vidas cara un humanismo no que prime o labor comunitario, o progreso integral en que todo temos moito que aportar, a defensa dos máis débiles e a súa protección, a igualdade entre os membros da familia humana e de oportunidades para desarrollarnos coas nosas potencialidades, o ben común para que aninguén lle falte o imprescindible, a vida como un labor e non como un negocio, e a conciencia de formarmos parte dun fogar común que temos que coidar. Enfrentados á fraxilidade desta sociedade, non fomos quen de recompoñernos dunha forma realmente digna, senón que cada día van medrando as desigualdades. Aquel home so pensaba en si, no seu beneficio, cando todo nos convida en que pensamos nun nós cada vez máis grande. 

Cando un meniño agarra o seu xoguete e berra "é meu", intentamos facerlle comprender que as cousas son para compartir, facémolo desde o cenvencemento de que a vida e as cousas son un don e un agasallo. Pero para as cousas de adultos, para a estructura social e a vida comunitaria, creo que non pensamos o mesmo. Moito nos cambia o conto cando nos tocan o de cada un.

Desde esta semana estamos endebedados co planeta. Segundo os cálculos os recursos da terra para este ano estaría rematados, polol tanto, estamos sobreexplotando os recursos e gastando o que non nos corresponde, pois necesitariamos 5 planetas para seguir gastando ao ritmo en que o facemos. Nin sequera a pandemia nos fixo frenar na voracidade coa que imos engulindo o que temos recibido de forma gratuita e coa que debemos administrarnos. Estamos facenod a nivel planetario o lema daquel home da parábola "comer, beber e a ¡vivir!". Parece un proxecto bastante ridículo para sermos os seres máis intelixentes do planeta. Para outra vez deixamos o do ocio, diversións, gastos fastusoso e festas de papatoria.

Onte comezaron uns incendio preto das nosas parroquias, en concreto en Mourentán e Arbo. A sensación de impotencia ante a magnitude que adquiren os lumes é impresionante Vemos con impotencia como o ben tan preciable volve ser pasto das chamas. Esperamos e desexamos que todo se resolva e, pedimos con toda a nosa fe, que viren os tempos, volvan as choivas e poidamos coidar mellor os noso recursos.

feliz domingo

Xabier Alonso


Lectura del santo evangelio según san Lucas (12,13-21):
EN aquel tiempo, dijo uno de entre la gente a Jesús:
«Maestro, dije a mi hermano que reparta conmigo la herencia».
Él le dijo:
«Hombre, ¿quién me ha constituido juez o árbitro entre vosotros?».
Y les dijo:
«Mirad: guardaos de toda clase de codicia. Pues, aunque uno ande sobrado, su vida no depende de sus bienes».
Y les propuso una parábola:
«Las tierras de un hombre rico produjeron una gran cosecha. Y empezó a echar cálculos, diciéndose:
“¿Qué haré? No tengo donde almacenar la cosecha”. Y se dijo:
“Haré lo siguiente: derribaré los graneros y construiré otros más grandes, y almacenaré allí todo el trigo y mis bienes. Y entonces me diré a mí mismo: alma mía, tienes bienes almacenados para muchos años; descansa, come, bebe, banquetea alegremente”.
Pero Dios le dijo:
“Necio, esta noche te van a reclamar el alma, y ¿de quién será lo que has preparado?”.
Así es el que atesora para SÍ y no es rico ante Dios».



domingo, 24 de julio de 2022

ORAMOS EN PLURAL

 


Moita xente anda na busca de formas de atoparse consigo mesmo. Uns recurren a diversos métodos, pero decátanse dos medos interiores e do vacío no seu corazón. outros ocupan tempo en facer cousas, encher a axenda, dedicar horas e esforzo en acumular experiencias. E ben seguro que ti sabes d emoitas máis formas de busca. Hai ofertas de encontros de silencio, meditación e pacificación. Hai un síntoma que ás veces delata unha realidade do noso tempo: querer estar en paz con un mesmo e destaca o feito de o pensamento é sobre a propia persoa. O individualismo exacerbado pode facernos moito danos. 

Hoxe Xesús ensínanos a facer oración. Recita a pregaria do Noso Pai, e nós facémola nosa. Nos inicios da Igrexa, xa era a pregaria de cada día dos crentes. Se nos fixamos, o centro da oración non somos nós, senón Deus. Una verba que se abre ao diálogo con él, recoñecendo o seu a mor e nosa confianza nel, pero que, inevitablemente está aberta ao encontro cos irmáns a través do perdón. Que non é unha pregaria en sincular, e que, aínda que a recemos sos debe ser pronunciada en plural. Que non se pecha en si mesma, senón que, ten a ollada posta no proxecto do Reino.

Por isto que reza espera, busca, recibe e comparte. 

neste día rezamos polos avós e os maiores, e tamén polo cese da violencia contra  natureza, paren os incendios e o Señor nos bendiga con un cambio de tempo favorable para a nosa terra

Feliz domingo

Xabier Alonso