lunes, 15 de agosto de 2022

ASUNCIÓN


 Posiblemente sexa este día o que máis festas hai ao longo da xeografía. Coinciden as vacacións de verán coa Pascua de María. Unha celebración chea de ledicia e cun desexo fondo de queremos felicitar á Nai de Deus. 

Todos temos asistido nalgunha ocasión a unha homenaxe. A persoa a quen lle facemos un agasallo, pómoslle unha placa, ou faise unha cea con discursos ensalzando o bo facer. Todos vemos os premois que se dan a unha vida entregada, os Nobel, que poñen na primiera plana a homes e mulleres entregados a unha causa, creativa ou científica; vemos os premios Princesa de Asturias e nos congratulamos nas felicitacións.

A María, tan lonxe no tempo e tan nosa na experiencia, non somos nós quen tomamos a inciativa de ensalzala, senón o mesmo Deus. Poderiamos por os mellores mantos, sacar as xoias, dedicar grandes motetes e cantos, poemas e salmos de gloria, e o facemos con todo o noso cariño, pero nós so seguimos o que Deus xa realizou en plenitude. Ela foi elevada ao máis alto, ensalzada polo mesmo Señor e Dono da vida, resucitada e partícipe da gloria no ceo. Pero o máis apaixoante, non é que nós queiramos facer o mesmo camiño por imitación, senón que deixemos como María, pondo o mellor de nós mesmos, que Deus faga en nós, como Igrexa, o camiño e o proxecto de gloria e vida ao que nos ten chamado.

O que se humilla será elevado... e iso consegue María sendo sinxela e humilde.
E nós, como ela xa anunciou, proclmámola ditosa, benaventurada, feliz... e iso somos nós chamados a vivilo. 

Moitas felicidades
Xabier Alonso

No hay comentarios:

Publicar un comentario