martes, 16 de agosto de 2022

SAN ROQUE TRAE PARAUGAS


 Desde a festividade do Corpus non caera unha pinga do ceo. Non é algo extraño, pois estamos no verán. Nestes pesados e cansinos meses as medias de temperatura foron notablemente superiores ao normal, a isto sumamos os ventos secos e a baixa humidade, así como os incendios que están a levar por diante centos de hectáreas. O bombardeo das noticias desoladoras, como son a guerra e os problemas da economía, e non esquezamos unha xeración de políticos que aínda crea mñais inseguridade. Neste marco foron pasando os días e semanas e vendo cara ao ceo "de onde me virá a axuda"

Relendo a situación moutros lugares do nundo atópome con algúns datos: na zona africana de Somalia, Etiopía e Kenia levan a maior seca dos últimos 40 anos, despois dunha praga de langosta que rematou coas colleitas, están en fase de comezar a fame extrema preto de 20 millóns de persoas; na Amazonía quéimanse milleras hectáreas de selva para a implantación de cultivos masivos, isto supón a expulsión e masacre dass poboacións orixinais, a desfeita do terreo é bestial; a fraxilidade de moitos países dependentes do comercio de cereais procedentes da Ucraína está a facer que pasen a estar dependendo das estratexias políticas de Rusia e China; África segue a ser a tarta que se reparten as potencias para seguir aproveitando os seus recursos. 

E nós seguimos a vernos como vitimas e considerando que estamos a sufrir o indecible!!! Permitirme que unha vez máis elevemos as pregarias a San Roque, que veu co paraugas debaixo do brazo e trouxo un respiro e unha pouca choiva. Pero non so, como vimos de facer estas semanas pedindo o don da auga do ceo, senón a ter a sensibilidade que el nos mostra de estar preto dos que máis padecen. Saiu polo mundo a peregrinar e foise unindo a aqueles que vivñian baixo o estigma da enfermidade. Tempos recios e duros de pestes e miserias nos que san Roque amosou un corazón cheo de amor para os que sofren.

Hoxe podemos dar grazas por este respiro, pero sigamos rezando, non so por nós, senón por todo este mundo tan necesitado.

Hoxe na parroquia de Prado da Canda teremos a Misa ás 11 da mañá en honor de San Roque

Deixovos a oración para pedir a choiva e que compuxo San Paulo VI


Oración de Papa  Pablo VI para pedir la lluvia

 

Dios Padre Nuestro, Señor del cielo y de la tierra.
Tú eres para nosotros; existencia, energía y vida.
Tú has creado al ser humano a tu imagen y semejanza,
para que, con su trabajo,
haga fructificar las riquezas de la tierra,
colaborando así a tu creación.
Somos conscientes de nuestra miseria y debilidad.
Nada podemos sin Ti.
Tú, Padre Bueno,
que haces brillar el Sol sobre todos y haces caer la lluvia,
ten compasión de cuantos sufren
la carencia del agua y la sequía.
Escucha con bondad las oraciones
que tu Iglesia te dirige con confianza,
como escuchaste las súplicas del Profeta Elías,
que intercedía a favor de su pueblo.
Haz que caiga del cielo sobre la tierra árida,
la lluvia tan deseada, para que renazcan los frutos
y se salven los seres humanos y los animales.
Que la lluvia sea para nosotros el signo de tu gracia y bendición.
Así, confortados por tu misericordia,
te rendimos gracias por todo don de la tierra y del cielo,
con que tu Espíritu satisfaga nuestra sed.
Por Jesucristo, Tu Hijo, que nos ha revelado tu amor,
Fuente de Agua Viva que brota hasta la vida eterna. Amén.
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario